ESTE CURSO IMOS TRABALLAR O PROXECTO DA NATUREZA CENTRÁNDONOS NOS SEUS CATRO ELEMENTOS BÁSICOS. ASÍ A RAPAZADA DE INFANTIL VAI TRABALLAR A TERRA, OS DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA, TRABALLARÁN A AUGA, OS DE SEGUNDO CICLO, O AIRE E OS DE TERCEIRO CICLO, O LUME.
PARA MOTIVAR TODA ESTA AVENTURA, A PASADA SEMANA FIXEMOS UNHA BUSCA DO TESOURO PARA DESCUBRIR O ELEMENTO A TRABALLAR POR CADA CLASE E O VENRES VIMOS XUNTOS A PELÍCULA 'ELEMENTAL'
DEIXOVOS AQUÍ ALGUNHA FOTO E TAMÉN OS ENLACES A VIDEOS DE ÍNSTAGRAM PARA QUE VEXADES OS VIDEOS DAS DISTINTAS ACTIVIDADES.
https://www.instagram.com/reel/CyDakYYsDas/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==
AGORA ANDAMOS A TRABALLAR NUN RECUNCHO CON TODOS OS MATERIAIS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA PARA APRENDERMOS SOBRE ESTES ELEMENTOS E O VINDEIRO VENRES 20 DE OUTUBRO TEREMOS A PRIMEIRA REUNIÓN DO NOSO CONSELLO INFANTIL, PARA O CAL TEMOS QUE ELEXIR REPRESENTANTES AO LONGO DESTES DÍAS...XA VOS CONTAREI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario