xoves, 21 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

 O 21 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE.

CON OCASIÓN DESTA CONMEMORACIÓN, TRABALLAMOS NO COLE DIVERSAS ACTIVIDADES. NESTA OPORTUNIDADE CENTROUSE NO GRUPO DE 4º DE PRIMARIA.

ESTIVERON A TRABALLAR AS POESÍAS E POR EQUIPOS INVENTARON POESÍAS QUE RECOLLERON EN FORMA DE CALIGRAMAS E COS QUE PREPARARON UN FERMOSO MURAL.











ESTE FOI UN TRABALLO QUE VIÑERON REALIZANDO AO LONGO DE VARIOS DÍAS E QUE OS FOI ACHEGANDO Á POESÍA.

ESTA MAÑÁ TIVERON UNHA CEREMONIA DO TÉ. REUNÍRONSE NA BIBLIOTECA A SABOREAR RICAS INFUSIÓNS MENTRAS DECLAMABAN POESÍAS.
















O NOSO COMPAÑEIRO PABLO, ANIMOUSE A RECITAR 'ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES' DE ROSALÍA DE CASTRO MENTRAS ACOMPAÑABA O POEMA CON MÚSICA DA SÚA GUITARRA.


E DESPOIS SAÍMOS EN ANDAINA ATA O PARQUE DO ESPIÑEIRO, ONDE MERENDAMOS E, GRAZAS Á COLABORACIÓN DO CONCELLO, FUMOS QUEN DE PLANTAR 3 NOVAS ÁRBORES QUE NO FUTURO DARÁN SOMBRA NESTE MARABILLOSO LUGAR.








GRACIAS Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, NATI E AOS SEUS COMPAÑEIROS YAGO E XOAN, E GRACIAS AO PERSOAL DE PARQUES E XARDÍNS QUE NOS AXUDARON.
DE XEITO ESPECIAL, GRAZAS A ALBINO BALBOA, VECIÑO DO CONCELLO QUE NOS AGASALLOU CUN ACIBREIRO DE SEU PARA PLANTAR HOXE NÓS NO PARQUE.



 DESPOIS LEMOS UNHAS POESÍAS ADICADAS ÁS ÁRBORES E INVENTADAS POLOS ALUMNOS.








FINALMENTE DESPEDÍMONOS CON MOITO AGARIMO DE CANTOS NOS AXUDARON E FACILITARON HOXE A TAREFA E XOGAMOS UNS MINUTIÑOS NO PARQUE.



E VOLTAMOS AO COLE DESPOIS DUNHA ESPLÉNDIDA MAÑÁ QUE APROVEITAMOS A TOPE.


mércores, 20 de marzo de 2024

PREMIO DA MASCOTA DA AUGA DO CONCELLO DE SANXENXO

 HOXE TIVEMOS NO COLE UNHA FESTA Á QUE SE SUMOU TODA PRIMARIA.

E É QUE NOS AVISARON DO CONCELLO DE QUE O GAÑADOR DO CONCURSO PROMOVIDO POLO SERVIZO DE AUGAS DO CONCELLO, RECAERA SOBRE UN DEBUXO DUNHA PERSOA DO NOSO COLE.

PERO NINGUÉN SABÍA DE QUEN SE TRATABA.

FINALMENTE TIVEMOS UN ENCONTRO CON VARIOS CONCELLEIROS E OS ALUMNOS DE 1º NOS FIXERON UNHA PRECIOSA PRESENTACIÓN DO ACTO EXPLICANDO OS DISTINTOS XEITOS NOS QUE NÓS PODEMOS TRABALLAR A PROL DO AFORRO DE AUGA. A CONTINUACIÓN DERON A COÑECER A GAÑADORA: RAQUEL COMESAÑA TORRES, DE 6ºA.

PARABÉNS, RAQUEL, POLA TÚA VITORIA. O DEBUXO, VERDADEIRAMENTE, É FABULOSO.

COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS FOTOS E VIDEO DO EVENTO.








EASTER

 COMO PARTE DAS CELEBRACIÓNS QUE A PROGRAMACIÓN DE INGLÉS TRABALLA AO LONGO DO CURSO, ESTÁ O FESTIVAL DE 'EASTER'.

ESTE CURSO OS TEACHERS TRABALLARON ESTA TRADICIÓN CO COELLO DE PASCUA E OS OVOS DE CHOCOLATE 😋

COMPARTO CON VÓS FOTOS DOS MURAIS REALIZADOS POLO ALUMNADO E A DECORACIÓN DO PATIO....







martes, 19 de marzo de 2024

OS RAPACES DE 1º VISITAN A BIBLIOTECA MUNICIPAL

 HOXE POLA MAÑÁN O NOSO ALUMNADO DE 1º TIVO A OPORTUNIDADE DE VISITAR E COÑECER A BIBLIOTECA MUNICIPAL QUE TEMOS PRETO DO NOSO COLE.

MERCE, A BIBLIOTECARIA DE PORTONOVO, E A SÚA COLEGA DE VILALONGA ACOMPAÑARON NESTA VISITA AOS NOSOS ALUMN@S QUE QUEDARON ENCANTADOS COA OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NESTA INICIATIVA DO CONCELLO.

REALIZARON 3 ACTIVIDADES: COÑECEMENTO DAS NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA, GOZAR COA ESCOITA DE 3 CONTOS E PERCORRER AS INSTALACIÓNS PARA PODER FACER UN MELLOR USO DOS SEUS FONDOS.

GRACIAS AO CONCELLO POLA INVITACIÓN E ÁS BIBLIOTECARIAS QUE NOS ANIMARON A VOLVER PRONTO POR ALÍ.









O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.