HOXE PRESENTAMOS NA ZONA DE NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA ALGÚNS NOVOS TÍTULOS PARA OS NOSOS FONDOS QUE AGARDAMOS QUE SEXAN DO GUSTO DE TODOS OS USUARIOS...
luns, 29 de abril de 2024
VISITA DO ALUMNADO DE 4º Á NOSA PRAZA DE ABASTOS
OS RAPACES DE 4º DE PRIMARIA ACUDIRON O PASADO VENRES A UNHA ACTIVIDADE DE SHOWCOOKING, INVITADOS POLO CONCELLO, NA PRAZA DE ABASTOS DE PORTONOVO.
FOI UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA QUE RECOLLE O ÍNSTAGRAM DO COLE NO ENLACE QUE AQUÍ VOS DEIXO
https://www.instagram.com/reel/C6PXe7cNzST/?igsh=bnhhaGw1djVya3A=
MARATÓN XOVES 25
E CHEGOU O DÍA DO ÚLTIMO PASE DA NOSA MARATÓN DESTE CURSO.
COMENZAMOS COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 6ºDE INFANTIL QUE PREPARARON PARA NÓS A SÚA VERSIÓN DE DO CONTO 'HOTEL PARA BICHOS' DE SUZY SENIOR. TIVERON ALGUNHA DIFICULTADE, PORQUE ESA MAÑÁN VARIOS DOS RAPACES PARTICIPANTES AMANECERON CON VIRIASE E NON VIÑERON AO COLE. GRAZAS AOS COMPAÑEIROS DE 4º, QUE SON OS SEUS PADRIÑOS LECTORES, PUIDERON SACAR ADIANTE A ACTUACIÓN.
A CONTINUACIÓN FOI O TURNO DOS RAPACES DE 2ºA QUE DRAMATIZARON O CONTO 'LA PANDILLA DE LOS 11', DE ROCÍO BONILLA.
CHEGOU DESPOIS O TURNO DOS COMPAÑEIROS DE 3ºB QUE NOS CONTARON A BONITA HISTORIA 'A MÁSCARA DO LEÓN', DE MARGARITA DEL MAZO.
POR ÚLTIMO, OS RAPACES DE 5ºB, DECANTÁRONSE POR TRES CONTIÑOS; 'OS TRES PORQUIÑOS', EN VERSIÓN DE RAQUEL MÉNDEZ, 'TRES OSOS' DE MARISA NÚÑEZ E 'OLLOBRUSCO' DE DARABUC.
E ATA AQUÍ A HOMENAXE DO NOSO COLE AOS MOITOS CONTOS QUE ENCHEN A NOSA VIDA DE LEDICIA E NOS AXUDAN A MEDRAR NA IMAXINACIÓN.
A MIÑA COMPAÑEIRA DESIRÉ DEIXOU PEGADA DA ACTIVIDADE NO ÍNSTAGRAN DO COLE. RECOMENDO A SÚA LECTURA E DÉIXOVOS AQUÍ O ENLACE PARA VELO...
https://www.instagram.com/reel/C6PF4pANwEm/?igsh=c3VtOXQ2M3IwaWE3
domingo, 28 de abril de 2024
MARATÓN MÉRCORES 24
O MÉRCORES TIVEMOS A OCASIÓN DE VER OS CONTOS DRAMATIZADOS SEGUINTES:
5º DE INFANTIL OFRECEUNES UNHA VERSIÓN PROPIA DO CONTO 'QUEN É ESE BICHO?' ESCRITO POR CARMEN QUERALT.
OS RAPACES DE 1ºB DELEITÁRONNOS CUN CONTO ESCRITO POR ELES MESMOS E QUE TITULARON 'SALVEMOS ÁS GOTIÑAS'.
LOGO VEU A QUENDA DE PODERMOS VER AOS COMPAÑEIROS DE 2ºB QUE NOS OFRECERON UNHA VERSIÓN DO CONTO 'O PEIXE ARCO DA VELLA'.
A CONTINUACIÓN CAMBIAMOS UN POUCO DE TERCIO E ABANDONAMOS OS CONTOS PARA DESFRUTAR DUN INFORMATIVO CREADO POLO ALUMNADO DE 5ºA E QUE TITULARON 'PORTOMALICIAS'.
POR ÚLTIMO REMATAMOS A MAÑÁN COS DOUS CONTOS CLÁSICOS QUE ALGÚNS ALUMNOS DE 6ºB PREPARARON PARA TODOS NÓS, CONCRETAMENTE 'CAPERUCITA ROJA' E 'O FRAUTISTA DE HAMELÍN'.
martes, 23 de abril de 2024
MARATÓN MARTES 23
HOXE COMENZAMOS A CELEBRAR A MARATÓN DE CONTOS DO COLE.
FOI UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E PÚBLICO.
COMPARTO VIDEOS E FOTOS DO EVENTO...
EN PRIMEIRO LUGAR PARTICIPARON OS ALUMNOS MÁIS NOVIÑOS DO COLE, OS DE 4º DE INFANTIL, QUE NOS CONTARON O CONTO 'A EIRUGA LARPEIRA' ESCRITA POR ÉRIC CARLE.
DESPOIS SAÍRON AO ESCENARIO OS RAPACES DE 4º DE PRIMARIA, QUE NOS CONTARON POESÍAS CREADAS POR ELES MESMOS QUE DEMOSTRAN QUE A POESÍA GALEGA ESTÁ BEN VIVA.
VEU A CONTINUACIÓN A QUENDA PARA OS COMPAÑEIROS DE 1ºA QUE NOS CONTARON O CONTO 'CANDO CHOVE', DA AUTORA LEIRE SALABERRIA.
VIÑERON LOGO OS RAPACES DE 6ºA COA SÚA DRAMATIZACIÓN DO CONTO 'O LUME DUN DRAGÓN', VERSIONANDO O CONTO ESCRITO POR BEATRICE BLUE.
POR ÚLTIMO NESTA MAÑÁN PUIDEMOS VER AOS COMPAÑEIROS DE 3ºB QUE NOS DELEITARON CO CONTO 'PAXAROS NA CABEZA', DA AUTORA ROCÍO ARAYA.
LOOKING FOR A TREASURE IN THE LIBRARY
ESTA MAÑÁN OS ALUMNOS DE 5º E 6º REALIZARON COA TEACHER FERNANDA UNHA BUSCA DE TESOURO POR EQUIPOS NA BIBLIOTECA, NA QUE CONTARON COA COLABORACIÓN DE JASMINE, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA.
ERA UNHA ACTIVIDADE REALIZADA EN INGLÉS PARA CONMEMORAR A DATA DE HOXE, THE BOOK'S DAY, 23 DE MAIO.
RESULTOU MOI MOTIVADORA E DIVERTIDA. E OS EQUIPOS GAÑADORES LEVARON UN DÓCE PARA A SÚA MERENDA.
COMPARTO CON TODOS ALGUNHAS FOTOS DA ACTIVIDADE...
luns, 22 de abril de 2024
MARATÓN DE CONTOS 2024
A PASADA SEMANA AVISAMOS CUN ABALAR ÁS FAMILIAS DA NOSA INTENCIÓN DE CELEBRAR A SEMANA DO LIBRO CUNHA MARATÓN DE CONTOS Á QUE QUEDAN TOD@S INVITADOS:
Bos días;
A vindeira semana celebraremos a Maratón de Contos coa participación de todo o alumnado.
O Martes 23 actúan 4º de infantil, 1ºA, 3ºA, 4º E 6ºA.
O Mércores 24, actúan 5º de infantil, 1ºB, 2ºB, 5ºA E 6ºB.
O Xoves 25, tócalles a 6º de infantil, 2ºA, 3ºB E 5ºB.
A entrada para as familias farase pola porta de piragüismo cara ás 11:50.
Cada neno ten que traer, no día que lle toca actuar, un coxín e gorra da casa.
Gracias e un saúdo
PREPARAMOS UN CARTEL PARA A MARATÓN:
IIª MARATÓN DE CONTOS
Martes 23: 4º de infantil, 4º, 1ºA,
3ºA, E 6ºA.
Mércores 24: 5º de infantil, 1ºB,
2ºB, 5ºA E 6ºB.
Xoves 25: 6º de infantil, 2ºA, 3ºB
E 5ºB.
A entrada para as familias farase
pola porta de piragüismo.
Empezaremos cara ás 11:50 e
durará, aproximadamente, ata a 1.
PROGRAMA DE PORTORADIO POLA SEMANA DO LIBRO
OS ALUMNOS DE RELIXIÓN DE 6º A, AGASALLÁRONNOS ESTA MAÑÁN CUN PROGRAMA DE RADIO NO QUE PARTICIPARON RAPACES DE TODOS OS CURSOS E NOS CONTARON EN DIRECTO, CAL É O SEU CONTO OU LIBRO FAVORITO.
ADEMÁIS FIXÉRONLLE UNHA ENTREVISTA A BRILLANTINA, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA.
COMPARTO CON VÓS ALGUNHA FOTO DA EMISIÓN E O ENLACE PARA QUE POIDADES ESCOITAR O PROGRAMA CANTAS VECES QUEIRADES...
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportonovo/system/files/AUDIO-2024-05-15-18-37-14.mp3
PROGRAMA DE RADIO 'RECORDANDO O PASADO'
O PASADO VENRES, OS ALUMNOS DE 6ºA NOS OFRECERON UN NOVO PROGRAMA DE RADIO. MARTÍN E JORGE NOS AGASALLARON UN MOI INTERESANTE PROGRAMA NO QUE LEMBRARON MOITAS ANÉCDOTAS DO PASADO DO NOSO COLE, QUE CUMPRE ESTE CURSO 52 ANOS .
AQUÍ VOS DEIXO FOTOS DO PROGRAMA E TAMÉN O ENLACE PARA PODELO ESCOITAR DE NOVO.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportonovo/system/files/AUDIO-2024-05-15-18-37-14.mp3
SEMENTANDO NO HORTO
OS ALUMNOS DE INFANTIL TIVERON A PASADA SEMANA UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PARA A QUE CONTARON COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS.
O LUNS FORON MERCAR Á FEIRA PLANTIÑAS E O MÉRCORES DECIDÍRONSE A PLANTAR.
DÉIXOVOS AQUÍ ALGUNHAS FOTOS, PERO NON VOS PERDADES O QUE SE PUBLICOU NO ÍNSTAGRAM, QUE RECOLLE MOITAS FOTOS E VOS DEIXO O ENLACE...
https://www.instagram.com/reel/C58ra05N7SX/?igsh=MTdxNGQwYnVmMjN4dw==
TALLER DE BORDADO DO ALUMNADO DE 4º
OS ALUMNOS DE 4º TIVERON A OPORTUNIDADE O PASADO VENRES DE DESENVOLVER UN TALLER DE BORDADO NA BIBLIOTECA ESTRENANDO ASÍ ESE NOVO RECUNCHO CREADO NA BIBLIOTECA DE ARTE-TERAPIA.
A MAMÁ DE MARTINA, DE 4º VEU AXUDARNOS A REALIZAR ESTE TALLER. CADA RAPAZ TROUXO DA SÚA CASA UNHA FOTO SÚA, A QUE MÁIS LLE GUSTOU, EN BLANCO E NEGRO E IMPRESA EN PAPEL FOTOGRÁFICO.
UNHA VEZ AQUÍ FIXERON OS BORDADOS. O RESULTADO FOI ASOMBROSO E TODAS E TODOS QUEDARON ENCANTADOS COA ACTIVIDADE.
GRAZAS, MARÍA, POR PASAR ESE RATIÑO CON NÓS.
COMPARTO CON VÓS ALGUNHA FOTO, PERO NON VOS PERDADES O QUE SE RECOLLEU NO ÍNSTAGRAM DO COLE, QUE VOS DEIXO O ENLACE...
https://www.instagram.com/reel/C58OV3ltRq5/?igsh=MWM2ZDlxcHJvdTkwMA==
martes, 16 de abril de 2024
O ALUMNADO DE 1ºB TRABALLA O SEU ELEMENTO
AS NENAS E NENOS DE 1ºB, LEVAN TODO O CURSO A TRABALLAR A AUGA, O ELEMENTO QUE LLES TOCOU INVESTIGAR PARA O PDI DO COLE NESTE CURSO.
FIXERON MOITAS ACTIVIDADES VINCULADAS CON ESTE ELEMENTO.
RECOLLO AQUÍ UN RESUMO DELAS.
FIXERON EXPERIMENTOS, MANUALIDADES, PRESENTACIÓNS....E O QUE ESTÁ POR VIR!
COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS FOTOS DAS DISTINTAS ACTIVIDADES:
O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.
-
ESTA MAÑÁN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER A PABLO PRADO, ILUSTRADOR DO CÓMIC 'NEREA' QUE ESTIVERON A LER OS RAPACES DE 5º. DEUNO...
-
BRILLANTINA DEIXANOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE CONTINUEDES A DESFRUTAR DE MARABILLOSAS VIAXES LECTORAS NO VERÁN...
-
A BIBLIOTECA DO NOSO COLE ÚNESE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA CON ESTA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA E...