luns, 29 de abril de 2024

MARATÓN XOVES 25

 E CHEGOU O DÍA DO ÚLTIMO PASE DA NOSA MARATÓN DESTE CURSO.

COMENZAMOS COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 6ºDE INFANTIL QUE PREPARARON PARA NÓS A SÚA VERSIÓN DE DO CONTO 'HOTEL PARA BICHOS' DE SUZY SENIOR. TIVERON ALGUNHA DIFICULTADE, PORQUE ESA MAÑÁN VARIOS DOS RAPACES PARTICIPANTES AMANECERON CON VIRIASE E NON VIÑERON AO COLE. GRAZAS AOS COMPAÑEIROS DE 4º, QUE SON OS SEUS PADRIÑOS LECTORES, PUIDERON SACAR ADIANTE A ACTUACIÓN.


A CONTINUACIÓN FOI O TURNO DOS RAPACES DE 2ºA QUE DRAMATIZARON O CONTO 'LA PANDILLA DE LOS 11', DE ROCÍO BONILLA.




CHEGOU DESPOIS O TURNO DOS COMPAÑEIROS DE 3ºB QUE NOS CONTARON A BONITA HISTORIA 'A MÁSCARA DO LEÓN', DE MARGARITA DEL MAZO.



POR ÚLTIMO, OS RAPACES DE 5ºB, DECANTÁRONSE POR TRES CONTIÑOS; 'OS TRES PORQUIÑOS', EN VERSIÓN DE RAQUEL MÉNDEZ, 'TRES OSOS' DE MARISA NÚÑEZ E 'OLLOBRUSCO' DE DARABUC.


E ATA AQUÍ A HOMENAXE DO NOSO COLE AOS MOITOS CONTOS QUE ENCHEN A NOSA VIDA DE LEDICIA E NOS AXUDAN A MEDRAR NA IMAXINACIÓN.

A MIÑA COMPAÑEIRA DESIRÉ DEIXOU PEGADA DA ACTIVIDADE NO ÍNSTAGRAN DO COLE. RECOMENDO A SÚA LECTURA E DÉIXOVOS AQUÍ O ENLACE PARA VELO...

https://www.instagram.com/reel/C6PF4pANwEm/?igsh=c3VtOXQ2M3IwaWE3


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.