XA TEMOS NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA.
UNHA MOREA DE LIBROS PARA DESFRUTAR DA LECTURA CON LIBROS DE CONTOS, TEATRO, POESÍA E BANDA DESEÑADA PARA TODOS NÓS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!
XA TEMOS NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA.
UNHA MOREA DE LIBROS PARA DESFRUTAR DA LECTURA CON LIBROS DE CONTOS, TEATRO, POESÍA E BANDA DESEÑADA PARA TODOS NÓS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!
ESTE CURSO, DENDE O COLE, PRESENTAMOS A PROPOSTA DE ADICARLLE ESTA CONMEMORACIÓN Á POETISA PORTONOVESA ELVIRA RICO, A NOSA ROSALÍA.
ESTA MULLER FOI POETA NUN TEMPO NO QUE NON ERA DOADO ESTA ACTIVIDADE E NUNCA PUBLICOU, MAIS OS SEUS FERMOSOS POEMAS FORMAN PARTE DE TEXTOS DE COMPARSAS E MAIOS DA NOSA VILA.
A SÚA POESÍA RETRATA A VIDA DE PORTONOVO, POLO QUE ESTE ANO ELA É A NOSA ROSALÍA.
PARA COÑECER A SÚA OBRA, INVESTIGAMOS A SÚA BIOGRAFÍA E FIXEMOS UN MURAL.
TAMÉN APRENDEMOS UNHA DAS SÚAS POESÍAS.
PARABÉNS AO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN POLA PRECIOSA PROPOSTA REALIZADA.
ESTA MAÑÁ TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR UN NOVO PROGRAMA DE PORTORADIO QUE NOS PREPARARON OS RAPACES DE 5ºA SOBRE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA QUE NESTE ANO ADICAMOS DE XEITO ESPECIAL Á NOSA ROSALÍA, Á POETA DE PORTONOVO ELVIRA RICO.
AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE PARA ESCOITALO CANTES VECES VOS APETEZA...
PARABÉNS AO GRUPO DE 5ºA POR UN PROGRAMA TAN BEN LEVADO E AGRADECERLLE A AXUDA TÉCNICA A ADRIANA E ANCOR, DE 6º, E COMO EN CADA PROGRAMA, AO PROFE MIGUEL.
CONTINUAMOS A MERCAR NOVIDADES INTERESANTES PARA A NOSA BIBLIOTECA.
A CATALOGACIÓN DAS NOVIDADES VAI DESPACIO PERO CONSTANTE, MENTRAS TRATAMOS DE MELLORAR A NOSA COLECCIÓN E DE TER OS TÍTULOS QUE MÁIS POIDAN GUSTAR AO NOSO ALUMNADO.
TAMÉN TEMOS NOVIDADES NA ZONA DE XOGOS DE MESA. TEMOS DÚAS UNIDADES DO XOGO BRAIN TEASERS QUE ESTÁ A GOZAR DE GRANDE ÉXITO NOS RECREOS.
LEMBRADES CÓMO ESTABA A ZONA DIXITAL DA BIBLIO?
TIÑAMOS 4 ORDENADORES DE SOBREMESA FRONTE A UNHA VENTÁ QUE TIÑA QUE MANTER AS PERSIANAS BAIXADAS...
VIMOS DE FACER UN NOVO CAMBIO NA BIBLIOTECA E COLOCAMOS NOVOS ORDENADORES, NESTE CASO PORTÁTILES, NUNHA NOVA MESA E NUN ESPAZO NOVO.
ASÍ QUEDARON...
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS
O VENRES, FINALMENTE, PUIDEMOS FACER O DESFILE DE ENTROIDO DO COLE.
SAÍMOS, COMO CADA ANO, POLAS RÚAS DA VILA ACOMPAÑADOS POLAS FAMILIAS E VECIÑOS.
RESULTOU UN ÉXITO PORQUE A MAÑÁ MANTIVO UN TEMPO MOI BO.
OS GRUPOS TRABALLARON EN DISFRACES RELACIONADOS CO ELEMENTO QUE ESTÁN A COÑECER. E OS MAIORES ANIMARON A RUADA CUNHA BATUCADA...
PARABÉNS A TODAS E TODOS POLO BO TRABALLO FEITO E AGORA TOCA DESFRUTAR DA MERENDA DE DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO...
HOXE OS ALUMN@S DE PROXECTO COMPETENCIAL DE 4º ACHEGARON AO NOSO ALUMNADO Á REALIDADE QUE SUPÓN A DIFERENCIA NO MUNDO DA CIENCIA ENTRE HOMES E MULLERES.
FALARON DALGUNHAS MULLERES MODÉLICAS NO MUNDO DA CIENCIA EN GALICIA.
FOI UN PROGRAMA MOI AMENO.
COMPARTO AQUÍ CON VÓS ALGUNHAS FOTOS DOS LOCUTORES, SURA, BRAIS E MANUEL E MÁIS DOS TÉCNICOS DE SON, NESTE CASO VALERIA E ADRIÁN, DE 6º.
AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE PARA ESCOITAR O PROGRAMA. NON O PERDADES!
O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.