HOXE O ALUMNADO DE INFANTIL TIVO UNHA PEQUENA FESTA NO TEMPO DE ANIMACIÓN Á LECTURA.
REMATADO O RECREO, TEMOS TAMÉN EN INFANTIL UN TEMPO DE ANIMACIÓN LECTORA QUE OS NENOS CHAMAN 'HORA DO CONTO'.
HOXE O DÍA ESTABA PRECIOSO, QUENTIÑO E SOLEADO, E APROVEITAMOS BEN A OPORTUNIDADE PARA FACER UNHA PEQUENA FESTA.
TIVEMOS UN CONTO TITULADO 'A VECES ME SIENTO PEQUEÑA', DE VANESA MARTÍNEZ QUE NOLO VIÑERON NARRAR TRES ALUMNOS DE 6º, MIGUEL, LEO E BRYAN.
ADEMÁIS TIVEMOS UNHA ACTUACIÓN MUSICAL DE DÚAS ALUMNAS DE 2º, NAIR E MARÍA, QUE VIÑERON DAR UN PEQUENO RECITAL DE CLARINETE.
FOI UN RATIÑO BEN APROVEITADO E UN INTERVALO MUSICAL E LITERARIO QUE NOS FIXO SOÑAR A TODOS E TODAS.
VOLVEDE PRONTO A TRAERNOS ESTAS ALEGRÍAS NO PATIO!