xoves, 22 de xuño de 2023

FESTA HAWAIANA DE FIN DE CURSO

 O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES PREPAROU UNHA FESTA DE FIN DE CURSO BEN CHULA CON XOGOS, OBRADOIROS E MERENDOLA. TAMÉN TIVEMOS UN DJ QUE AMENIZOU A FESTA E ADEMAIS CASE TODAS E TODOS SE ANIMARON A VIR VESTIDOS DE ROUPA TÍPICA DE HAWAI.











FOI MOI DIVERTIDO E UN XEITO CHULÍSIMO DE DESPEDIR O CURSO!!

DÉIXOVOS O ENLACE DO ÍNSTAGRAN DO COLE PARA QUE O PODADES COMPARTIR UN POUQUIÑO CON TODOS NÓS.

ATA O VINDEIRO CURSO E UN ABRAZOTE FORTE AOS COMPAÑEIROS DE 6º QUE XA NOS DEIXAN...

https://www.instagram.com/reel/CtwneNWgWcE/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==


EXCURSIÓN DO PRIMEIRO CICLO AO ACUARIO DO GROVE

 O XOVES PASADO, OS ALUMN@S DE 1º E 2º DE PRIMARIA VISITARON O ACUARIO DE O GROVE. 

ALÍ PUIDERON COÑECER OS ECOSISTEMAS MARIÑOS DAS RÍAS GALEGAS.





TAMÉN ALÍ, FIXERON UN OBRADOIRO DE NUDOS MARIÑEIROS...NON FOI NADA FÁCIL!!1





POR ÚLTIMO, FIXERON MERENDA E XOGOS NA ILLA DE A TOXA, NO PARQUE - ALDEA DOS GROVITS...





FOI UN DÍA DIVERTIDO!!!

luns, 19 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN DA OBRA DO NOSO COMPAÑEIRO JUAN PABLO

 HOXE INAUGURAMOS NUN AULA  DO PRIMEIRO ANDAR A EXPOSICIÓN DE CADROS REALIZADOS POLO NOSO COMPAÑEIRO JUAN PABLO, DE 3º.

SON OBRAS DE GRAN COLORIDO E DE DESEÑO ABSTRACTO. 

OS COMPAÑEIROS DE TODO O COLE DESFRUTAMOS VISITANDO A EXPOSICIÓN, QUE TAMÉN ESTÁ ABERTA AO RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA ATA O MÉRCORES 21.

RECOMÉNDOVOS VISITALA PORQUE ESTÁ BEN CHULA.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO...







PORTO RADIO

 OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PREPARARON COMO DESPEDIDA NO COLE UNS PROGRAMAS DE RADIO. 

OS PROGRAMAS CHÁMANSE "TIXOLAS" E AS FIXERON CON MOITA RETRANCA E INFORMACIÓN BEN CHULA DO ACONTECIDO NO COLE DURANTE O CURSO.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO FEITA DURANTE O PROGRAMA EN DIRECTO E CON PÚBLICO.








AO REMATAR O PROGRAMA, OS COMPAÑEIROS DE 6º AGASALLARON AOS COMPAÑEIROS QUE OS FORON VER, CUN EXEMPLAR DO XORNAL "FARO DA ESCOLA" NO QUE PARTICIPARON.

PARABÉNS POLO BO TRABALLO LEVADO ADIANTE DURANTE TODOS ESTES ANOS!!!


mércores, 14 de xuño de 2023

PROXECTOS DE HISTORIA

 AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 4º ESTIVERON A TRABALLAR CONTIDOS DE HISTORIA.  APRENDERON SOBRE A PREHISTORIA E A HISTORIA ANTIGA. 

FIXERON UNS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN E ELABORARON MURAIS E DIORAMAS. 

PÓDENSE VER EXPOSTOS NA COLOQUIAL DE 4º.

ESTÁN XENIAL!!!





SOMOS LUTHIERS

 O PROFE MIGUEL, ANIMOU AO ALUMNADO DE MÚSICA DE 3º E DE 5º A FABRICAR INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO.

OS ALUMN@S DE 3º FIXERON MARACAS...



OS ALUMN@S DE 5º CONSTRUÍRON CAIXÓNS FLAMENCOS...



PODEDES VELOS EXPOSTOS NA ENTRADA DE PRIMARIA.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES. XA SODES AUTÉNTICOS LUTHIERS!!!

mércores, 7 de xuño de 2023

VIDEO RESUMEN DUN CURSO FANTÁSTICO!!!

OLA AMIGUIÑOS, SON BRILLANTINA. 

VEÑO A ME DESPEDIR POR ESTE CURSO E DÉIXOVOS AQUÍ UN VIDEO RESUMO DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES FEITAS POR OU NA BIBLIOTECA DURANTE ESTE CURSO.

O VIDEO ESTÁ FEITO POLA PROFE GEMMA. MOITAS GRACIAS, GEMMA, POR AXUDARME A COMPARTIR CON TODOS AS AVENTURAS DESTE CURSO.

AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE Á CANLE DE YOUTUBE ONDE ESTÁ O VIDEO:

VIDEO RESUMO CURSO 22-23


martes, 6 de xuño de 2023

CLAUSURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 HOXE BRILLANTINA VEU DESPEDIRSE DE TODOS NÓS PORQUE MARCHA PARA PASAR O VERÁN NO SEU PLANETA E PODER VISITAR Á SÚA FAMILIA.

POR ISO TIVEMOS UNHA PEQUENA FESTA DE CLAUSURA DA BIBLIOTECA ATA O VINDEIRO CURSO.




E BRILLANTINA NON QUERÍA MARCHAR SEN DAR AS GRACIAS ÁS RAPAZAS E RAPACES QUE FORON AXUDANTES DA BIBLIOTECA DURANTE ESTE ANO.

TIÑA UN PEQUENO AGASALLO PARA TODOS ELES.
































ADEMÁIS ALGÚNS ALUMN@S DO COLE QUIXERON TOCAR MÚSICA PARA DESPEDIR A BRILLANTINA. TOCARON LUÍS E SABELA DE 3º, SERGIO E BRAIS DE 4º, HELENA DE 5º E IRENE, MARTINA E BREIXO DE 6º. MOITAS GRACIAS, AMIGOS, POLA VOSA MÚSICA! 













O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.