Compartimos un obradoiro de xogos de patio tradicionais con avoas de Infantil.
martes, 28 de xuño de 2022
luns, 27 de xuño de 2022
VISITA DA AUTORA EVA MEJUTO
Brillantina nos avisa de que tivemos a sorte de contar coa autora Eva Mejuto, que nos veu visitar na nosa Biblioteca. Estivo cos alumnos de 5º de Infantil e 1º de Primaria.
Tamén nos encantou a súa música!!!
PRÉSTAMO NA NOSA BIBLIO
Aos nosos alumnos encántalles ir á Biblioteca no tempo de empréstito que teñen adxudicado.
Elexir é difícil...temos tantos libros e contos marabillosos!!!
VISITA ANTIGUA ALUMNA
Como xa falamos moitas veces, o noso cole inaugurouse no ano 1972. Os alumnos de 6º de Infantil recibiron a visita dunha alumna que "estrenou" o cole nese ano. Podedes ver a entrevista que nos concedeu no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1tqcpfT7CSaTDt2XkNZV-pYbvWWurvsQL/view
CONVIVENCIA ENTRE 6º DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
Os alumnos de último curso de Infantil e de primeiro curso de Primaria viviron unha xornada de convivencia con lectura de contos apadriñando e despois fixeron debuxo do conto.
Foi unha xornada moi divertida!
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
Este curso fíxose un importante desembolso económico na nosa Biblioteca. Durante as obras do pasado verán colocouse un novo suelo moito máis cálido e fermoso:
Tamén mercamos novas estanterías:
Puxemos novas mesas e cadeiras:
Inauguramos unha zona violeta de audioteca:
Unha nova zona de lecer con puzzles e xogos de mesa:
E tamén deseñamos un cartel coa nosa CDU:
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN
Este curso Brillantina quixo deixarnos antes das vacacións de verán con un agasallo, unha carta e unhas recomendacións de lecturas para o verán.
EXPURGO
A final de curso fixemos un expurgo de exemplares da Biblioteca. Retiramos libros estragados e outros que non se retiraban en empréstimo dende fai moito tempo.
Os libros expurgados puxémolos en exposición para escollelos como libros de aula ou para levar para casa. Todos nós puidemos escoller e levar o que nos interesou.
Grazas, Brillantina por este agasallo que nos fixeches.
FESTA FIN DE CURSO
Por fin chegóu o día de celebrarmos o final do curso, por suposto coa celebración do aniversario do cole. Cantámoslle nunha festa todos xuntos, na que non puido faltar a degustación da tarta de aniversario.
Parabéns ceip de Portonovo!!!!
PROXECTO DO CENTRO
Este curso o noso cole celebrou o 50 cumpreanos, por iso durante todo o ano traballamos esta temática como o noso Proxecto de Centro e o celebramos cunha exposición en varias zonas do cole de moitas das cousas que fumos facendo e elaborando. Aquí vai unha pequena mostra...
O HOME ORQUESTRA
O día 18 de maio tivemos a sorte de disfrutar todos xuntos da actuación do home orquestra que nos divirteu a todos e todas coa súa música e simpatía. Pasámolo fenomenal!
CELEBRAMOS OS MAIOS
O día 28 de abril tivemos no cole a celebración do día dos Maios.
Os alumnos de 6º prepararon o Maio que se elaborou grazas as aportacións de material de todas as familias.
Parabéns a todos polo traballo ... e pola festa!
O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.
-
ESTA MAÑÁN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER A PABLO PRADO, ILUSTRADOR DO CÓMIC 'NEREA' QUE ESTIVERON A LER OS RAPACES DE 5º. DEUNO...
-
BRILLANTINA DEIXANOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE CONTINUEDES A DESFRUTAR DE MARABILLOSAS VIAXES LECTORAS NO VERÁN...
-
A BIBLIOTECA DO NOSO COLE ÚNESE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA CON ESTA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA E...