venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 ESTE CURSO TRABALLAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DENDE VARIAS PERSPECTIVAS.

TRABALLAMOS O CONTO "ARTUR E CLEMENTINA" DE ADELA TURPIN E FIXEMOS UN MURAL NO QUE DIFERENCIAMOS MODOS POSITIVOS DE QUERER E OUTROS QUE NON SON BOS. ENTRE TODOS EVIDENCIAMOS QUE EXISTEN COMPORTAMENTOS NEGATIVOS AOS QUE CHAMAMOS EQUIVOCADAMENTE "AMOR" E QUE NON O SON, TAMÉN ENTRE NÓS.








TAMÉN PREPARAMOS NAS AULAS UN LAZO MORADO CADA UN E FIXEMOS UNHA ANDAINA ATA O PARQUE DO VICAÑO, ONDE ATAMOS OS LAZOS.




























ALÍ OS ALUMNOS MAIORES LERON UN MANIFESTO DE REPULSA DA VIOLENCIA E FOMOS RECIBIDOS POLAS AUTORIDADES LOCAIS. 








AO FINAL GARDAMOS UN MINUTO DE SILENCIO EN HOMENAXE E LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DESTA VIOLENCIA.




PARABÉNS AO EQUIPO DE CONVIVENCIA POR TAN EXITOSO TRABALLO DE CONCIENCIACIÓN!!






xoves, 24 de novembro de 2022

QUE MAGOA DE MAGOSTO!

 LEVAMOS VARIOS DÍAS TRATANDO DE CELEBRAR O MAGOSTO NO COLE. PERO A CLIMATOLOXÍA NON NOLO PUXO DOADO PORQUE NON PARA DE CHOVER.

AINDA ASÍ, E TESTÁNS COMO SOMOS, ÍMOLO INTENTAR DE NOVO MAÑÁN...

TEMOS TODO PREPARADO: FIXEMOS DECORACIÓN, TRABALLAMOS O OUTONO, CONTRATAMOS UN CASTAÑEIRO....

VEREMOS SE MAÑÁN PODEMOS POR FÍN TER A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS, QUE O ESTAMOS DESEXANDO...

XA VOS CONTAREI...




O QUE SÍ PUIDEMOS FACER ESTES DÍAS FOI DESFRUTAR DOS XOGOS POPULARES TRADICIONAIS, AINDA QUE TIVEMOS QUE COLOCALOS DENTRO DO XIMNASIO POR MOR DA CHOIVA. AINDA ASÍ FOI UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA DE CONVIVENCIA ENTRE NÓS, XA QUE XUNTAMOS OS PEQUENOS COS MAIORES E XOGAMOS XUNTOS...







xoves, 17 de novembro de 2022

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 20 DE NOVEMBRO

 O DÍA 20 DE NOVEMBRO É O DÍA QUE NACIÓNS UNIDAS CELEBRA O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, QUE NOS OFRECE CADA ANO A OPORTUNIDADE DE COMPROMETÉRMONOS PARA PROTEXER OS DEREITOS DE CADA NENO E NENA.

NESTE CURSO PREPARAMOS UN ESPAZO DE HOMENAXE E LEMBRANZA DESTA FESTIVIDADE.

XA SABEDES...O DOMINGO TODOS OS NEN@S ESTAMOS DE FESTA!!!





mércores, 16 de novembro de 2022

PLAN DIRECTOR

ONTE NA BIBLIOTECA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA GARDA CIVIL QUE, DENTRO DO CHAMADO PLAN DIRECTOR, NOS VEU FORMAR SOBRE A NON VIOLENCIA NA ESCOLA, CONCRETAMENTE, SOBRE O BULLYING. CÓMO RECOÑECELO, EVITALO E NON SER CÓMPLICE.

ESTIVO MOI INTERESANTE!




TAMÉN DURANTE A TARDE VIÑERON OUTROS OFICIAIS DA GARDA CIVIL A IMPARTIR FORMACIÓN, ESTA VEZ ÁS FAMILIAS, SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET.

RESULTOU MOI INSTRUCTIVA!

AGRADECEMOS ÁS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE A SÚA BOA LABOR A PROL DO NOSO BENESTAR.

martes, 8 de novembro de 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

CON MOTIVO DESTA CELEBRACIÓN A NOSA BIBLIOTECA QUIXO FACER UNHA HOMENAXE A QUEN EDITA EN GALEGO LIBROS CIENTÍFICOS


NON FOI MOI DOADO ATOPAR LIBROS DE TEMÁTICA CIENTÍFICA NA NOSA LINGUA, AINDA ASÍ ATOPAMOS ALGÚNS, OS SUFICIENTES PARA FACER UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN:








ADEMÁIS O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA ANIMOUSE A TRABALLAR CIENCIA EN GALEGO E FIXERON ESTES TRABALLOS ESPLÉNDIDOS DE ASTRONOMÍA CON AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS. PARABÉNS POLO PRECIOSO RESULTADO!








luns, 7 de novembro de 2022

HOSPITAL DE LIBROS

 TEMOS UNHA NOVIDADE NA NOSA BIBLIOTECA:

ARGALLAMOS UNHA CAIXA PARA TER UN HOSPITAL DE LIBROS.

SE ATOPAS ALGÚN LIBRO ESTROPEADO, ROTO OU ESTRAGADO, DÉIXAO NESTA CAIXA PARA QUE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PODA ARRANXALO.

DESE XEITO COIDAREMOS ENTRE TODOS DO ESTADO DE SAÚDE DOS NOSOS LIBROS.

GRACIAS 😌




O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.