martes, 27 de febreiro de 2024

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

 XA TEMOS NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA.

UNHA MOREA DE LIBROS PARA DESFRUTAR DA LECTURA CON LIBROS DE CONTOS, TEATRO, POESÍA E BANDA DESEÑADA PARA TODOS NÓS.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!









xoves, 22 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA ADICADO Á NOSA ROSALÍA

 ESTE CURSO, DENDE O COLE, PRESENTAMOS A PROPOSTA DE ADICARLLE ESTA CONMEMORACIÓN Á POETISA PORTONOVESA ELVIRA RICO, A NOSA ROSALÍA.

ESTA MULLER FOI POETA NUN TEMPO NO QUE NON ERA DOADO ESTA ACTIVIDADE E NUNCA PUBLICOU, MAIS OS SEUS FERMOSOS POEMAS FORMAN PARTE DE TEXTOS DE COMPARSAS E MAIOS DA NOSA VILA.

A SÚA POESÍA RETRATA A VIDA DE PORTONOVO, POLO QUE ESTE ANO ELA É A NOSA ROSALÍA.

PARA COÑECER A SÚA OBRA, INVESTIGAMOS A SÚA BIOGRAFÍA E FIXEMOS UN MURAL.

TAMÉN APRENDEMOS UNHA DAS SÚAS POESÍAS.






NAS AULAS TRABALLAMOS A AUTORA E A SÚA POESÍA DE DISTINTOS XEITOS:


DESPOIS TIVEMOS UN ACTO CONMEMORATIVO NO QUE CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DA SÚA FILLA E DECLAMAMOS A POESÍA.









PARABÉNS AO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN POLA PRECIOSA PROPOSTA REALIZADA.

PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DÍA DE ROSALÍA

 ESTA MAÑÁ TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR UN NOVO PROGRAMA DE PORTORADIO QUE NOS PREPARARON OS RAPACES DE 5ºA SOBRE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA QUE NESTE ANO ADICAMOS DE XEITO ESPECIAL Á NOSA ROSALÍA, Á POETA DE PORTONOVO ELVIRA RICO.






AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE PARA ESCOITALO CANTES VECES VOS APETEZA...

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportonovo/system/files/5%C2%BA%20programa%20de%20radio%20_D%C3%ADa%20de%20Rosal%C3%ADa%20de%20Castro_.mp3

PARABÉNS AO GRUPO DE 5ºA POR UN PROGRAMA TAN BEN LEVADO E AGRADECERLLE A AXUDA TÉCNICA A ADRIANA E ANCOR, DE 6º, E COMO EN CADA PROGRAMA, AO PROFE MIGUEL.


mércores, 21 de febreiro de 2024

NOVOS TÍTULOS PARA A NOSA BIBLIOTECA

 CONTINUAMOS A MERCAR NOVIDADES INTERESANTES PARA A NOSA BIBLIOTECA.

A CATALOGACIÓN DAS NOVIDADES VAI DESPACIO PERO CONSTANTE, MENTRAS TRATAMOS DE MELLORAR A NOSA COLECCIÓN E DE TER OS TÍTULOS QUE MÁIS POIDAN GUSTAR AO NOSO ALUMNADO.



TAMÉN TEMOS NOVIDADES NA ZONA DE XOGOS DE MESA. TEMOS DÚAS UNIDADES DO XOGO BRAIN TEASERS QUE ESTÁ A GOZAR DE GRANDE ÉXITO NOS RECREOS.




luns, 19 de febreiro de 2024

NOVA ZONA DE ORDENADORES NA NOSA BIBLIOTECA

 LEMBRADES CÓMO ESTABA A ZONA DIXITAL DA BIBLIO?

TIÑAMOS 4 ORDENADORES DE SOBREMESA FRONTE A UNHA VENTÁ QUE TIÑA QUE MANTER AS PERSIANAS BAIXADAS...


VIMOS DE FACER UN NOVO CAMBIO NA BIBLIOTECA E COLOCAMOS NOVOS ORDENADORES, NESTE CASO PORTÁTILES, NUNHA NOVA MESA E NUN ESPAZO NOVO.

ASÍ QUEDARON...


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS

domingo, 18 de febreiro de 2024

DESFILE DE ENTROIDO

 O VENRES, FINALMENTE, PUIDEMOS FACER O DESFILE DE ENTROIDO DO COLE.

SAÍMOS, COMO CADA ANO, POLAS RÚAS DA VILA ACOMPAÑADOS POLAS FAMILIAS E VECIÑOS.

RESULTOU UN ÉXITO PORQUE A MAÑÁ MANTIVO UN TEMPO MOI BO.

OS GRUPOS TRABALLARON EN DISFRACES RELACIONADOS CO ELEMENTO QUE ESTÁN A COÑECER. E OS MAIORES ANIMARON A RUADA CUNHA BATUCADA...

















PARABÉNS A TODAS E TODOS POLO BO TRABALLO FEITO E AGORA TOCA DESFRUTAR DA MERENDA DE DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO...



E ATA OS MESTRES SE ANIMARON A SE DISFRAZAR...

COMPARTO AQUÍ CON VÓS 3 MINI-VIDEOS QUE REFLICTEN A FESTA QUE SE VIVEU...




xoves, 15 de febreiro de 2024

PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 HOXE OS ALUMN@S DE PROXECTO COMPETENCIAL DE 4º ACHEGARON AO NOSO ALUMNADO Á REALIDADE QUE SUPÓN A DIFERENCIA NO MUNDO DA CIENCIA ENTRE HOMES E MULLERES.

FALARON DALGUNHAS MULLERES MODÉLICAS NO MUNDO DA CIENCIA EN GALICIA.

FOI UN PROGRAMA MOI AMENO.

COMPARTO AQUÍ CON VÓS ALGUNHAS FOTOS DOS LOCUTORES, SURA, BRAIS E MANUEL  E MÁIS DOS TÉCNICOS DE SON, NESTE CASO VALERIA E ADRIÁN, DE 6º.




AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE PARA ESCOITAR O PROGRAMA. NON O PERDADES!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportonovo/system/files/4%C2%BA%20programa%20de%20radio%20_Eu%20son%20cient%C3%ADfica_.mp3

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

 XA TEMOS NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA. UNHA MOREA DE LIBROS PARA DESFRUTAR DA LECTURA CON LIBROS DE CONTOS, TEATRO, POESÍA E BANDA DESE...