xoves, 30 de maio de 2024

AS ONDAS QUE CHEGAN A TODOS

 O NOSO PROGRAMA DE RADIO DE HOXE TIVO POR PROTAGONISTAS AOS RAPACES DE PROXECTO COMPETENCIAL DE 6ºB.

FIXERON UN PROGRAMA TITULADO 'ENTREVISTANDO' NO QUE ENTREVISTARON A AMARO QUE NOS CONTOU QUE QUERE SER HISTORIADOR, TAMÉN NOS DERON CONSELLOS VARIOS, INCLUÍDO UN CONSELLO LECTOR E VARIOS CHISTES. E AO FINAL FIXÉRONNOS UNHA PREGUSTA PARA SABER SE ESTIVERAMOS ATENTOS.

COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS FOTOS E  O ENLACE PARA QUE ESCOITEDES O PROGRAMA CANTAS VECES QUERADES...

https://www.ivoox.com/player_ej_129674757_6_1.html?c1=f9e327






UNHA SCAPE DE GRAN ÉXITO

A NOSA ESCAPE ROOM  DE FINALIZACIÓN DO PDI DESTE CURSO, CONTINÚA O SEU PERIPLO.

CADA DÍA DOUS GRUPOS FAN A ACTIVIDADE CON GRANDE ÉXITO...ESTAMOS TODOS A CONSEGUIR ATOPAR O QUINTO ELEMENTO ANTES QUE O MALVADO MORITZ...

COMPARTO CON VÓS NOVAS FOTOS, NESTE CASO DAS RAPAZAS E RAPACES DE 3º E DE 5º...




















mércores, 29 de maio de 2024

DESPEDIDA A JASMINE

 HOXE MARCHOU A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA DURANTE DOUS ANOS, JASMINE FLOWERS. ÍMOLA BOTAR EN FALTA!!

OS SEUS ALUMNOS FIXÉRONLLE UNHA HOMENAXE E AGASALLOS.

COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS FOTOS QUE FIXEMOS NA CELEBRACIÓN QUE TIVEMOS CON ELA PARA NOS DESPEDIR.

GOODBYE, JASMINE! OUR BEST WISHES!!!
























KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

 HOXE OS RAPACES DE 6ºB, AXUDANTES VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA, FIXERON NA BIBLIOTECA UNHA EXHIBICIÓN DOS SEUS CONTOS PREPARADOS PARA FACER NO KAMISHIBAI.

TIVERON COMO PÚBLICO AOS COMPAÑEIROS DE INFANTIL E 1º.

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI AMENA NA QUE TRABALLARON DURANTE BOA PARTE DO CURSO PARA CREAR OS CONTOS E AS ILUSTRACIÓNS.

PARABÉNS RAPACES POLO BO TRABALLO. A VOSA OBRA QUEDARÁ AGORA NA BIBLIOTECA PARA SER CONTADA MOITAS MÁIS VECES. GRAZAS...









AO FINAL DA ACTIVIDADE, DÉRONLLE AS GRAZAS Á PROFE EVA POLA SÚA AXUDA. NORABOA EVA!!

martes, 28 de maio de 2024

O NOSO ESCAPE ROOM

 O EQUIPO DE BIBLIOTECA DIRIXIDO POLA COORDINADORA DO PDI, ESTIVO A PREPARAR UN ESCAPE ROOM PARA PECHAR O PROXECTO DESTE CURSO.

COMO O PROXECTO QUE TRABALLAMOS FOI DOS CATRO ELEMENTOS, O ESCAPE CÓNTANOS A HISTORIA DA BUSCA DO QUINTO ELEMENTO. A CARTELERÍA CONSIGUEU MOTIVAR A ACTIVIDADE...




COMENZAMOS HOXE A ACTIVIDADE COS RAPACES DE 4º DE PRIMARIA QUE O PASARON XENIAL E CONSEGUIRON 'ESCAPAR'...MAIS AGORA DEBEN TER COMPLETA CONSIGNA DE SILENCIO PARA NON LLE CONTAR A NINGUÉN O QUE ALÍ XUNTOS VIVIRON...

COMPARTO CON VÓS FOTOS E VIDEOS DA ACTIVIDADE...















O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.