mércores, 31 de maio de 2023

OBRADOIRO DE CÓMIC

 OS COMPAÑEIROS DE 5º ESCRIBIRON E DEBUXARON OS SEUS PROPIOS CÓMIC.

RESULTOU  UNHA ACTIVIDADE MOI LÚDICA E DIVERTIDA NA QUE APRENDERON A FACER BANDA DESEÑADA.

QUIZÁIS ALGÚN DÍA MERQUEMOS OS SEUS CÓMICS PARA A BIBLIOTECA!

FIXESTES UN GRAN TRABALLO, RAPACES, E AQUÍ DEIXO ALGÚN EXEMPLO DO RESULTADO FINAL....TIVEN QUE ESCOLLER UNS POUCOS, MAIS TODOS ERAN ESTUPENDOS!







PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DE ANIMAIS E PRANTAS

 O ALUMNADO DE 5º ESTIVO A INVESTIGAR EN CIENCIAS NATURAIS.

CADA UN ESCOLLEU UN ANIMAL E UNHA PRANTA E FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E UNHA PRESENTACIÓN SOBRE A MATERIA CORRESPONDENTE.

QUEDÁRONLLES UNS TRABALLOS XENIAIS QUE TEÑEN EXPOSTOS DIANTE DAS SÚAS CLASES. PODEDES SUBIR A VELOS.

AQUÍ VOS DEIXO ALGÚN PARA QUE VEXADES CÓMO QUEDARON, MAIS VAGA A PENA PASAR A VELOS TODOS.






O ALUMNADO DE 5º TRABALLA OS ANUNCIOS

 COMO PARTE DO CURRÍCULO DAS LINGUAS, O ALUMNADO DE 5º VEN DE TRABALLAR OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS. TEÑEN COLOCADA UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN PARA LUCIR OS SEUS TRABALLOS NA COLOQUIAL DE 5º. 

QUEDADES INVITADOS A VISITALA!

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA IMAXE, AINDA QUE TODOS ELES ESTÁN BEN CHULOS. PARABÉNS, RAPACES!





domingo, 28 de maio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

 COMO CADA CURSO PUBLICAMOS RECOMENDACIÓNS LECTORAS EN NADAL E FIN DE CURSO PARA AXUDAR ÁS FAMILIAS A ATOPAR LIBROS QUE POIDAN SERVIR DE AGASALLO PARA OS FILL@S. AGARDAMOS QUE SEXAN DO VOSO GUSTO.

VELAQUÍ VAN ALGÚNS TÍTULOS REPARTIDOS POR CURSOS...




E PARA PRE-LECTORES, RAPAZAS E RAPACES DE INFANTIL:



A NOSA CARTELARÍA

 AO LONGO DESTE CURSO, A MEDIDA QUE OS FUMOS PRECISANDO, ESTIVEMOS A TRABALLAR EN DIVERSA CARTELARÍA PARA A NOSA BIBLIOTECA.

DÉIXOVOS AQUÍ AS IMAXES QUE DESEÑAMOS.











GRACIAS, ESPECIALMENTE, Á PROFE SONIA POLA SÚA CREATIVIDADE POSTA Á DISPOSICIÓN DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.

mércores, 24 de maio de 2023

KAMISHIBAI: ESCRIBINDO A BIBLIOTECA

 OS ALUMN@S DE 4ºB VEÑEN ESTES DÍAS DE ESCRIBIR UNHA HISTORIA INVENTADA POR ELES E DE ILUSTRALA PARA KAMISHIBAI.

QUEDÁRONLLES UNHAS HISTORIAS BEN CHULAS. 


APROVEITARON PARA TRABALLAR A TEMÁTICA DE ESCRIBIR INVITACIÓNS E FIXERON EN TRABALLO COOPERATIVO AS PRECISAS PARA INVITAR AOS COMPAÑEIROS DE 6º DE INFANTIL A VIREN ESCOITAR AS SÚAS HISTORIAS.
FOI UNHA ACTIVIDADE DE APADRIÑAMENTO LECTOR QUE ÁMBOLOS DOUS CURSOS DESFRUTARON.
PARABÉNS AOS ESCRITORES !!!






martes, 23 de maio de 2023

MURAL NO PATIO

 DENTRO DO PDI DE PATIOS VIVOS, ENCARGAMOS A UNHA MURALISTA QUE NOS AXUDE A PINTAR UNHA PAREDE EXTERIOR PARA ENGALANAR O PATIO.

TRÁTASE DE YOLANDA MARTÍNEZ SANTIAGO, QUE EMPRENDEU CO ALUMNADO DE 5º E 6º A TAREFA PRECIOSA DE DOTAR DE BELEZA ESTE ESPACIO.

FOI UN TRABALLO ARDUO, XA QUE PRIMEIRO TIVEMOS QUE XUNTAR OS CARTOS PRECISOS, PARA O CAL A MEIRANDE PARTE DO ALUMNADO CONTRIBUEU VENDENDO RIFAS PARA XUNTAR A CANTIDADE NECESARIA.

A CONTINUACIÓN YOLANDA FIXO UNHAS XORNADAS NA BIBLIOTECA EXPLICANDO AOS ALUMN@S O QUE ÍAN FACER E PREPAROU A PAREDE PARA EMPEZAR O TRABALLO EN SÍ.





E POR ÚLTIMO ESTIVO CON ELES PINTANDO O MURAL QUE AGORA ESTÁ ALÍ E É OBRA NOSA, DO ALUMNADO DO COLE. QUE DURE MOITOS ANOS!!!







DÍGOCHO EU

 CADA VENRES NO INSTAGRAM DO COLE, SACAMOS UN NOVO VIDEO DO 'DÍGOCHO EU' PROPOSTO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA COMO TAREFA PARA INCIDIR NO BO USO DA LINGUA GALEGA.

DÉIXOVOS AQUÍ O ENLACE PARA ENTRAR A VER UN DELES E RECOMÉNDOVOS QUE OS VEXADES TODOS...ESTÁN XENIAL!!

https://www.instagram.com/reel/CsbUH7HAzSI/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==

NOVOS MATERIAIS PARA A BIBLIOTECA

 HOXE CHEGARON NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A NOSA BIBLIOTECA.

TRÁTASE DE TRES NOVAS COUSIÑAS QUE MERCAMOS PARA USO DE TOD@S.

LEMBRADE APUNTAR O PRÉSTAMO SE AS LEVADES Á AULA, ¿VALE?

KAPLA: CAIXA CON 200 PEZAS DE MADEIRA PARA FACER CONSTRUCCIÓNS E TRABALLAR SICOMOTRICIDADE E PERCEPCIÓN ESPACIAL. VEN CON CUADERNIÑO DE TRABALLO.


MICROSCOPIO DIXITAL: PARA VER NO ORDENADOR OU NA PANTALLA OS OBXECTOS PEQUENOS CON 1000 AUMENTOS.


CÁMARA WEB CON MICRÓFONO PARA PROYECTAR EN PANTALLA LO QUE HACES DELANTE DEL ORDENADOR


ANIMÁDEVOS A DARLLES USO!

CONTACONTOS EN INGLÉS: THE HUNGRY CATERPILLAR

 HOXE A AUXILIAR DE CONVERSA DO NOSO COLE, JASMINE FLOWERS, COA AXUDA DO ALUMNADO DE 4º A E 4ºB, AGASALLOUNOS CUNHA HISTORIA CONTADA EN INGLÉS PARA OS COMPAÑEIROS DE 1º E 2º.


PRIMEIRO FOI A QUENDA DE 4ºB QUE LLE CONTARON O CONTO AOS DE 1º. DESPOIS OS DE 4ºA, CONTÁRONLLELO AOS DE 2º.








AO FINALIZAR O CONTO,  OS DE 4º AGASALLARON AOS SEUS INVITADOS CUN CATERPILLAR FEITO EN CARTULINA POR ELES MESMOS.


AQUÍ VOS DEIXO TAMÉN OS VIDEOS DAS DÚAS 'ACTUACIÓNS'.

4ºA


4ºB



MOITAS GRACIAS POLA VOSA ACTUACIÓN, E DE XEITO ESPECIAL, GRACIAS A JASMINE POLO CONTO E POLA SÚA GRAN LABOR CON NÓS AO LONGO DE TODO O CURSO.


O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.