mércores, 3 de novembro de 2021

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS


O DÍA DAS BIBLIOTECAS FUMOS RECOLLER A MOCHILA VIAXEIRA QUE BRILLANTINA NOS PREPARAU COMO AGASALLO PARA ESTE CURSO. PUIDEMOS FELICITALA PORQUE CUMPRE 50 ANOS. PARABÉNS, BRILLANTINA!!!😘😘😘

















 


martes, 2 de novembro de 2021

CARTA DE BRILLANTINA

 

Estimadas familias:

Son Brillantina, a amiga extraterrestre que habito na biblioteca do colexio, tras un ano máis, cheguéi dunha longa viaxe a través do espacio. Gustaríame compartir de novo, moitas aventuras, experiencias, e coñecementos con vós a través da maxia dos libros. Por iso, prepareivos esta mochila, para que viaxe cada semana a casa dunha familia da  clase. Nesta mochila viaxeira, metín tres libros.

Anímovos a gozar da experiencia!

Con cariño

A vosa amiga Brillantina.

 

AVISO FAMILIAS

 Mandamos aviso ás familias de que a Biblioteca do CEIP de Portonovo abrirá tamén polas tardes a partir do 3 de novembro.

O Horario será de 4 a 6 da tarde os Luns e os Mércores.

Poderá facerse préstamo polas tardes dun máximo dun libro, ou material audiovisul, que terá que ser devolto tamén pola tarde. Tamén está pensado para poder vir a disfrutar da lectura, a facer traballos ou agardar por irmáns que estean en actividades extraescolares.

O aforo será limitado seguindo as normas do Protocolo Covid, e haberá que desinfectar mans ao entrar e limpar o espazo que usemos ao marchar.

Grazas por todo,

Equipo de Biblioteca.

O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.