martes, 19 de xaneiro de 2021

RETO LECTOR 2021

 


 

Cada mes un libro, cada libro, unha proposta diferente. 

Atrévete a superar este reto!

 

Ola nenos e nenas!

Quérovos presentar unha nova actividade da biblioteca do colexio. 

Propóñovos un novo reto lector para darlle a benvida ao 2021. 

A actividade é voluntaria. Todos os nenos e nenas que a superen terán unha sorpresa moi especial ao final de curso. 

O reto consiste en ler cada mes un libro diferente e cunha temática específica. 

Xaneiro: Un libro no que se traballen as emocións (amor, felicidade, amizade, medo...).

Febreiro: Ler un libro relacionado co meu disfrace de Entroido. 

Marzo: Ler un libro escrito por unha muller, dedicado a unha muller ou no que a protagonista sexa unha muller. 

Abril: Ler un libro cunha portada preciosa.

Maio:Ler un libro sobre a natureza.

Xuño: Un cómic. 

Cada mes, unha vez superado o desafío, o voso titor/a daravos unha peza dun crebacabezas. Unha vez superados todos os desafíos, xa poderedes completar a imaxe. Esta será a vosa entrada para a sorpresa final.

Na entrada do centro teredes cada mes un expositor con libros sobre a temática do reto. Se queredes algún libro do expositor, podedes pedirllo ao titor ou titora para ler na clase (non se pode levar de préstamo para casa).   

Mirade que chulo o expositor deste mes: 

 
 

Animádevos a participar!!! 



mércores, 13 de xaneiro de 2021

GaliciaLe

 GALICIA LE

Bos días nenos/as, profes e pais/nais!

Téñovos unha moi boa noticia! A Xunta de Galicia abriu a todo o público unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. 

 

 ENLACE: https://www.galiciale.gal/

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é unha plataforma na que o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, lector de libros electrónicos e ordenadores.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?

-Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dipoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima e solicitar o teu carné. 

-Ter un dispositivo compatible e una conta de correo electrónico. 

Como ler un libro?

Existen dúas opcións:

-Lectura en liña: Debes dispoñer de conexión a Internet.

-Lectura mediante descarga: Debes ter instalada no teu equipo a aplicación Adobe ID. 

 





O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.