HOXE O COLE APARECEU CHEO DE CABAZAS DE SAMAÍN.
AS NENAS E NENOS DO COLE, COA AXUDA DAS FAMILIAS, CONTRIBUÍRON Á CELEBRACIÓN DE SAMAÍN, QUE FESTEXAMOS MAÑÁ NO COLE, CON DECORACIÓN DE CABAZAS. PARA UNILAS Á TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO DESTE CURSO, PEDIMOS QUE CADA CICLO CONTRIBUÍRA CON CABAZAS DO ELEMENTO CORRESPONDENTE.
ASÍ OS RAPACES DE INFANTIL TROUXERON CABAZAS CON TEMÁTICA DE TERRA, OS DE 1º CICLO CON AUGA, OS DE 2º CICLO CON AIRE E OS DE 3º CICLO CON LUME....
E QUEDOUNOS UNHA DECORACIÓN CHULÍSIMA. PARABÉNS A TODAS E TODOS OS QUE PARTICIPÁCHEDES NA ACTIVIDADE.
AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS DAS CABAZAS E OS LIBROS DE TEMÁTICA MEDOÑENTA QUE TEMOS NA BIBLIOTECA. NON DUBIDEDES EN LEVAR ALGÚN DESTES TÍTULOS EN PRÉSTAMO NAS VINDEIRAS OPORTUNIDADES.
LEMBRADE QUE MAÑÁ NA MAÑÁ, ENTRE AS 9 E AS 10, AÍNDA PODEDES VIR VER A EXPOSICIÓN.