HOXE, 24 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESTE CURSO O LEMA É 'TECENDO COMUNIDADES'
POR ISO BRILLANTINA QUIXO FACER UNHA PEQUENA FESTA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
PRIMEIRO MANDOUNOS UNHA CARTA EXPLICANDO O QUE PENSABA FACER:
DESPOIS PREPAROU UN ESPAZO NO QUE SENTOU A AGARDAR POR NÓS. ALÍ QUEDOU LENDO O LIBRO DE ELEMENTAL, RELACIONADO CO PDI DESTE CURSO, E CUN AGASALLO PARA CADA AULA, FORMADO POR LIBROS PARA AS DISTINTAS BIBLIOTECAS DE AULA, MAIS A MOCHILA VIAXEIRA DESTINADA A CADA GRUPO.
AGORA AGARDA POLA NOSA VISITA.
AO LONGO DA MAÑÁ PASARÁN OS DISTINTOS GRUPOS A RECOLLER A SÚA MOCHILA E OS LIBROS PARA A BIBLIOTECA DE AULA...
OS MÁIS NOVOS DO COLE, OS DE 4º DE INFANTIL, VISITARON POR PRIMEIRA VEZ A BIBLIOTECA, A CASA DE BRILLANTINA, E ALÍ VIRON A PELÍCULA NA QUE EXPLICA A VIAXE DE BRILLANTINA...
Ningún comentario:
Publicar un comentario