venres, 25 de marzo de 2022
VISITA DE ANA ALCOLEA
MOITAS GRAZAS PÓLA VISITA. PASÁMOLO XENIAL!!
luns, 21 de marzo de 2022
O ABRIGO MISTERIOSO
21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA
Brillantina preparounos unha exposición de libros de Poesía da nosa Biblioteca para conmemorar este día tan especial. Agarda que vos guste!
mércores, 16 de marzo de 2022
Charla Alioune Kane sobre Senegal
Nenos e nenas con motivo da lectura do libro Lúa de Senegal nas aulas de 5º, véunos visitar Alioune Kane para contarnos cousas do séu país. Canto disfrutamos!
Feliz Aniversario do cole
Ola amiguiños e
amiguiñas. Son eu, Brillantina.
Tiña moita gana de
falar con vós para dicirvos o feliz que me sinto de celebrar con todos o
Aniversario do cole.
Sí, como xa sabedes,
este ano o noso cole cumple 50 anos. As obras empezaron un día 1 de marzo de
1972 e nese mesmo ano, o 30 de setembro, remataron as obras. Queredes saber
como o souben? Porque o pon nunha placa de pedra que hai na entrada do noso
cole. Fixádevos mañán ao entrar ou saír.
Por este acontecemento, ocórreseme, que entre tod@s, a través das vosas familias, poderíamos, entre
outras cousas, compilar material escolar da época para investigar a través dos
mesmos, a evolución da historia escolar, en concreto, do noso centro.
Por iso, meus amig@s, propóñovos, que preguntedes as
vosas familias, se gardan antigo material escolar, como; libros de texto,
cadernos, estoxos, mapas, contos, carteiras... non sei, todo o que se usaba na
escola cando os vosos pais ou avós eran pequenos. E se é así, poderíades
comentárlle ás vosas familias, se nolo
prestan para poder utilizalo nas nosas investigacións de aula, e logo,
compartilo con tod@s a través dunha
exposición. Para iso, recoméndovos, que o préstamo que compartades, veña
moi ben identificado dende a casa, co nome da persoa que o presta, e tamén, co
nome do actual alumno, para evitar extravíos. Seguramente, que estes obxectos,
son moi valorados polas persoas que os gardaron, e non desexamos que
se perdan agora!.
Así que, invítovos, a que todos e todas, na medida que
vos sexa posible, colaboredes, nesta investigación.
Graciñas
amiguiñ@s pola vosa axuda, e falamos ben axiña.
Moitos bicos,
Brillantina
O martes 3 de decembro ás 16:00 horas convidamos a todas as familias a escoitar ao psicólogo Oscar Páramos.
-
ESTA MAÑÁN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER A PABLO PRADO, ILUSTRADOR DO CÓMIC 'NEREA' QUE ESTIVERON A LER OS RAPACES DE 5º. DEUNO...
-
BRILLANTINA DEIXANOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE CONTINUEDES A DESFRUTAR DE MARABILLOSAS VIAXES LECTORAS NO VERÁN...
-
A BIBLIOTECA DO NOSO COLE ÚNESE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA CON ESTA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA E...