Ola amiguiños e
amiguiñas. Son eu, Brillantina.
Tiña moita gana de
falar con vós para dicirvos o feliz que me sinto de celebrar con todos o
Aniversario do cole.
Sí, como xa sabedes,
este ano o noso cole cumple 50 anos. As obras empezaron un día 1 de marzo de
1972 e nese mesmo ano, o 30 de setembro, remataron as obras. Queredes saber
como o souben? Porque o pon nunha placa de pedra que hai na entrada do noso
cole. Fixádevos mañán ao entrar ou saír.
Por este acontecemento, ocórreseme, que entre tod@s, a través das vosas familias, poderíamos, entre
outras cousas, compilar material escolar da época para investigar a través dos
mesmos, a evolución da historia escolar, en concreto, do noso centro.
Por iso, meus amig@s, propóñovos, que preguntedes as
vosas familias, se gardan antigo material escolar, como; libros de texto,
cadernos, estoxos, mapas, contos, carteiras... non sei, todo o que se usaba na
escola cando os vosos pais ou avós eran pequenos. E se é así, poderíades
comentárlle ás vosas familias, se nolo
prestan para poder utilizalo nas nosas investigacións de aula, e logo,
compartilo con tod@s a través dunha
exposición. Para iso, recoméndovos, que o préstamo que compartades, veña
moi ben identificado dende a casa, co nome da persoa que o presta, e tamén, co
nome do actual alumno, para evitar extravíos. Seguramente, que estes obxectos,
son moi valorados polas persoas que os gardaron, e non desexamos que
se perdan agora!.
Así que, invítovos, a que todos e todas, na medida que
vos sexa posible, colaboredes, nesta investigación.
Graciñas
amiguiñ@s pola vosa axuda, e falamos ben axiña.
Moitos bicos,
Brillantina
Ningún comentario:
Publicar un comentario