xoves, 14 de marzo de 2024

DÍA DO CÓMIC: VISITA DO ILUSTRADOR PABLO PRADO

 ESTA MAÑÁN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER A PABLO PRADO, ILUSTRADOR DO CÓMIC 'NEREA' QUE ESTIVERON A LER OS RAPACES DE 5º.

DEUNOS UNHAS PINCELADAS DO QUE FOI O SEU TRABALLO CON ESTA OBRA NA QUE COMPARTE AUTORÍA CO GUIONISTA MIGUEL ROJO.

ENCANTOUNOS A SÚA VISITA. MOTIVOU MOITO AO ALUMNADO DE 5º A LER E TAMÉN A ESCRIBIR E ILUSTRAR BANDA DESEÑADA.

DEIXOUNOS UNHA PEGADA AGARIMOSA E UN SENTIR AGRADECIDO.

ADEMÁIS FIXO UNHA FIRMA DE EXEMPLARES NA QUE AGASALLOU A CADA RAPAZ CUN DEBUXO DA PERSONAXE FAVORITA.

E DOTOU Á BIBLIOTECA CUN NOVO AMIGO PARA BRILLANTINA, UN GATIÑO DE RÚA QUE PASARÁ A VIVIR NA NOSA BIBLIOTECA.

GRACIAS, PABLO, POLA TÚA APOSTA POLO CÓMIC E POR COMPARTIRES CON NÓS ESTA MAÑÁN DE PRIMAVERA.

COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS FOTOS E PEQUENOS VIDEOS DA ACTIVIDADE.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

O ALUMNADO DE 1ºB TRABALLA O SEU ELEMENTO

 AS NENAS E NENOS DE 1ºB, LEVAN TODO O CURSO A TRABALLAR A AUGA, O ELEMENTO QUE LLES TOCOU INVESTIGAR PARA O PDI DO COLE NESTE CURSO. FIXERO...