A VINDEIRA SEMANA, CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS, EMPEZAREMOS A ENVIAR ÁS AS MOCHILAS VIAXEIRAS.
ESTE CURSO VEÑEN CARGADIÑAS DE NOVIDADES. ADEMAIS DE CONTOS, LEVAN ALGÚN XOGO E LIBROS DE COCIÑA. A IDEA É QUE POIDADES DESCUBRIR NA CASA A SATISFACCIÓN DE ELABORAR RECEITAS DE COCIÑA COMO ACTIVIDADE COMPARTIDA NAS FAMILIAS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O NOVO FORMATO DAS MOCHILAS...
COMO SEMPRE, DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA, E COA AXUDA DE BRILLANTINA, SEGUIMOS A TRABALLAR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
GRACIAS...
ADEMAIS CADA MOCHILA LEVARÁ UNHA LISTAXE DO CONTÉN E A PETICIÓN DE QUE COLABOREDES COLOCANDO UNHA PEGATINA NO LIBRO E NO XOGO QUE MÁIS VOS GUSTE. TAMÉN PODEDES, SE QUEREDES, MANDARNOS ALGUNHA FOTO SE PODEDES FACER ARTE CUNHA RECEITA DE COCIÑA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario