martes, 19 de xaneiro de 2021

RETO LECTOR 2021

 


 

Cada mes un libro, cada libro, unha proposta diferente. 

Atrévete a superar este reto!

 

Ola nenos e nenas!

Quérovos presentar unha nova actividade da biblioteca do colexio. 

Propóñovos un novo reto lector para darlle a benvida ao 2021. 

A actividade é voluntaria. Todos os nenos e nenas que a superen terán unha sorpresa moi especial ao final de curso. 

O reto consiste en ler cada mes un libro diferente e cunha temática específica. 

Xaneiro: Un libro no que se traballen as emocións (amor, felicidade, amizade, medo...).

Febreiro: Ler un libro relacionado co meu disfrace de Entroido. 

Marzo: Ler un libro escrito por unha muller, dedicado a unha muller ou no que a protagonista sexa unha muller. 

Abril: Ler un libro cunha portada preciosa.

Maio:Ler un libro sobre a natureza.

Xuño: Un cómic. 

Cada mes, unha vez superado o desafío, o voso titor/a daravos unha peza dun crebacabezas. Unha vez superados todos os desafíos, xa poderedes completar a imaxe. Esta será a vosa entrada para a sorpresa final.

Na entrada do centro teredes cada mes un expositor con libros sobre a temática do reto. Se queredes algún libro do expositor, podedes pedirllo ao titor ou titora para ler na clase (non se pode levar de préstamo para casa).   

Mirade que chulo o expositor deste mes: 

 
 

Animádevos a participar!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL