martes, 10 de outubro de 2023

HORARIO DA BIBLIOTECA

 SAÚDOS FAMILIAS !!!

DENDE A PASADA SEMANA A BIBLIOTECA DO COLE ESTÁ ABERTA TAMÉN POLAS TARDES. O HORARIO É DE 4 A 6 OS LUNS, MÉRCORES E XOVES. 

DESTE XEITO QUEREMOS FACILITAR O USO DA BIBLIOTECA COAS FAMILIAS. 

NON DUBIDEDES EN FACER USO DA MESMA, PARA FACILITAR AS EXTRAESCOLARES, FACER TRABALLOS DE EQUIPO, INVESTIGAR PARA ALGÚN PROXECTO OU DEVOLVER E LEVAR LIBROS EN PRÉSTAMO.

O ALUMNADO TAMÉN PODE ACCEDER Á BIBLIOTECA NOS HORARIOS QUE TEÑEN CO SEU GRUPO E DURANTE O TEMPO DE RECREO, 

NESTE TEMPO PODEN FACER DIVERSAS ACTIVIDADES. AMÓSOVOS AQUÍ COMO ESTÁ A BIBLIOTECA NUN RECREO HABITUAL...


ALGÚNS APROVEITAN PARA XOGAR 



OS XOGOS DE CONSTRUCCIÓN ENCÁNTALLES... 


OUTROS ELIXEN XOGOS NOS QUE POÑEN A TRABALLAR A CABEZA...


HAI QUEN GUSTA DE LER CONTOS TRANQUILAMENTE...


OU INVENTAN HISTORIAS CO TEATRIÑO DE MONICREQUES....




E SEMPRE PODEMOS CONTAR COS AXUDANTES VOLUNTARIOS QUE AXUDAN AOS COMPAÑEIROS CO EMPRÉSTITO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.