HOXE O ALUMNADO E PROFESORADO DE 1º, 2º, 5º E 6º DE PRIMARIA, COLABORANDO COA ASOCIACIÓN ECOLOXISTA ADEGA, FIXEMOS LIMPEZA DE RESIDUOS NAS PRAIAS DA CONTORNA.
O ALUMNADO DE 1º BAIXOU A LIMPAR A PRAIA DE BALTAR. DEIXÁRONA IMPECABLE...
TAMÉN OS DE 2º QUIXERON BAIXAR A LIMPAR A PRAIA DE BALTAR E ESMERÁRONSE EN DEIXALA BEN LIMPA...
OS DE 5º TIVERON QUE CAMIÑAR UN POUQUIÑO MÁIS E FORON ATA A PRAIA DE PAXARIÑAS...
O DE 6º QUEDARON A MEDIO CAMIÑO, XA QUE LLES TOCOU RECOLLER OS RESIDUOS NA PRAIA DE CANELAS...
XUNTAMOS VARIAS SACAS DE BASURA E APRENDEMOS A RESPECTAR ESTES ESPAZOS TAN NOSOS E TAN QUERIDOS PERO QUE SUFREN TANTO A NOSA DESIDIA.
FOI UNHA MAÑÁ DIVERTIDA QUE DISFRUTAMOS XUNTOS E QUE NOS ACHEGOU MÁIS Á RESPONSABILIDADE DE COIDAR A NATUREZA, OBRIGA DE TOD@S.
Ningún comentario:
Publicar un comentario