martes, 16 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 HOXE O NOSO COLE CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA FIXO UN GRAN TRABALLO ORGANIZANDO UNHA FESTIVIDADE TAN QUERIDA PARA TODOS NÓS.

TRABALLAMOS O CARTELISMO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. TAMÉN BRILLANTINA NOS QUISO AMOSAR OS LIBROS SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO QUE TEMOS NA BIBLIOTECA.




CO PROFE MIGUEL ENSAIAMOS UNHA CANCIÓN E TODOS XUNTOS SAÍMOS AO PATIO A CANTALA. SENTAMOS NO PATIO DE TAL XEITO QUE A VISTA DE PAXARO SE PODÍA LER '17 DE MAIO'. E COA AXUDA DA POLICÍA LOCAL, GRABAMOS IMAXES AÉREAS CO DRON DO CONCELLO.










ADEMAIS TOD@S ESTRENAMOS UNHA CAMISETA CONMEMORATIVA DO DÍA DE HOXE.


OS CARTOS PARA AS CAMISETAS FORON CONQUERIDOS COA PARTICIPACIÓN DE DIVERSOS NEGOCIOS DA VILA VINCULADOS CON FAMILIAS DE ALUMN@S DO COLE, AOS QUE AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN E QUE LEVARON UN SENTIDO APLAUSO DE TODOS NÓS.


FOI UN RATIÑO DIVERTIDO NO QUE TODAS E TODOS PARTICIPAMOS BEN GUSTOSOS.

MAÑÁN É O GRAN DÍA...MIAÑEMOS EN GALEGO, GATIÑOS DE PORTONOVO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.