HOXE XOVES, TIVO LUGAR A SEGUNDA PARTE DA MARATÓN DE CONTOS. O MOTIVO DE FACELO EN DÚAS SESIÓNS FOI A PARTICIPACIÓN TAN NUMEROSA DO ALUMNADO DO COLE. ERAN TANTOS OS VOLUNTARIOS PARA PARTICIPAR QUE NON CHEGABA UN DÍA PARA TODO, ASÍ QUE O REPARTIMOS EN DÚAS MAÑÁNS.
HOXE, COMA ONTE, COMENZAMOS POR UN TEMPO DE MÚSICA QUE LLE TEMOS QUE AGRADECER A MARÍA E NAÍR.
PASAMOS LOGO AOS DOUS CONTIÑOS DOS COMPAÑEIROS DE 5º DE INFANTIL: 'MÍO' E 'O ABRAZO'.
DESPOIS OS ALUMN@S DE 5º B DE PRIMARIA REPRESENTARON O CONTO TITULADO 'DISTINTA'.
PARA CONTINUAR OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 4º DE INFANTIL FIXÉRONNOS BAILAR A TODOS MENTRAS ELES REPRESENTABAN O CONTIÑO MUSICAL 'CINCO'... E ATREVÉRONSE A CANTALO EN INGLÉS!!!
XA METIDOS EN FAENA, OS COMPAÑEIROS DE 1º B DE PRIMARIA DELEITÁRONNOS CUN CONTIÑO ESCRITO POR ELES MESMOS TITULADO 'O DIAMANTE VERMELLO'.
VIÑERON XA LOGO OS DOUS CONTIÑOS DO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA. REPRESENTARON PRIMEIRO 'A CASA DA MOSCA CHOSCA' E DESPÓIS 'A ESTRELA QUE NON SE PUIDO OCULTAR', ESTE ÚLTIMO ESCRITO POR ELES MESMOS COMO HOMENAXE A ANTONIA FERRÍN, A PRIMEIRA ASTRÓNOMA GALEGA.
DESPOS CHEGOULLE O TURNO Á RAPAZADA DE 6º DE INFANTIL QUE ADEMÁIS DE INVENTAR O SEU PROPIO CONTO, TITULADO 'O MISTERIO DO MONTE VISO', FIXERON TAMÉN UN PRECIOSO FONDO PARA REPRESENTAR A SÚA HISTORIA.
A CONTINUACIÓN TIVEMOS OUTRO MOMENTO MUSICAL, AGASALLO DE HELENA DE 5ºB DE PRIMARIA QUEN TOCOU PARA TODOS NÓS Ó PIANO, A MELODÍA DA PELI 'PIRATAS DEL CARIBE'. TIÑADES QUE VERNOS A TODOS EN COMPLETO SILENCIO PARA ESCOITALA TOCAR...FOI MARABILLOSO!!!
POR ÚLTIMO SAÍMOS TODOS XUNTOS Á ZONA DA PISTA DE FÚTBOL DO PATIO, PARA ACOMPAÑAR AO ALUMNADO DE 2ºA NA ÚLTIMA DAS ACTUACIÓNS. PARA ELES NON ERA SUFICIENTE O ESPAZO DE ESCENARIO, PORQUE TIÑAN UN CONTO CON ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE E PRECISABAN MÁIS ESPAZO. TODOS OS QUE ALÍ ESTABAMOS OS ACOMPAÑAMOS PARA VER A SÚA ACTUACIÓN, QUE FOI FRANCAMENTE ESPECIAL.
E AQUÍ REMATAMOS ESTA MARATÓN TAN ESPECIAL. A PRIMEIRA. OXALÁ QUE NON SEXA A ÚLTIMA! O VALOR DA MESMA POÑÉMOLO NAS EMOCIÓNS. NA EMOCIÓN DE DE DISFRUTAR XUNTOS DAS EMOCIÓNS QUE NOS FAN VIVIR OS CONTOS.
ESPERO QUE VOS GUSTARA TANTO COMO A MIN. PARABÉNS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES E MOITAS, MOITAS GRAZAS.
SE BOTADES FOTOS EN FALTA....EU TAMÉN! NON CONSEGUÍN MÁIS FOTOS DESTA XORNADA, POR ISO TARDEI TANTO EN PUBLICAR NA BLOGUE A SEGUNDA PARTE DA MARATÓN. PERO NON HOUBO XEITO DE CONSEGUIR FOTOS DE TODO. ASÍ QUEDA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario