LEVAMOS VARIOS DÍAS TRATANDO DE CELEBRAR O MAGOSTO NO COLE. PERO A CLIMATOLOXÍA NON NOLO PUXO DOADO PORQUE NON PARA DE CHOVER.
AINDA ASÍ, E TESTÁNS COMO SOMOS, ÍMOLO INTENTAR DE NOVO MAÑÁN...
TEMOS TODO PREPARADO: FIXEMOS DECORACIÓN, TRABALLAMOS O OUTONO, CONTRATAMOS UN CASTAÑEIRO....
VEREMOS SE MAÑÁN PODEMOS POR FÍN TER A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS, QUE O ESTAMOS DESEXANDO...
XA VOS CONTAREI...
O QUE SÍ PUIDEMOS FACER ESTES DÍAS FOI DESFRUTAR DOS XOGOS POPULARES TRADICIONAIS, AINDA QUE TIVEMOS QUE COLOCALOS DENTRO DO XIMNASIO POR MOR DA CHOIVA. AINDA ASÍ FOI UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA DE CONVIVENCIA ENTRE NÓS, XA QUE XUNTAMOS OS PEQUENOS COS MAIORES E XOGAMOS XUNTOS...
Ningún comentario:
Publicar un comentario