ESTE CURSO TRABALLAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DENDE VARIAS PERSPECTIVAS.
TRABALLAMOS O CONTO "ARTUR E CLEMENTINA" DE ADELA TURPIN E FIXEMOS UN MURAL NO QUE DIFERENCIAMOS MODOS POSITIVOS DE QUERER E OUTROS QUE NON SON BOS. ENTRE TODOS EVIDENCIAMOS QUE EXISTEN COMPORTAMENTOS NEGATIVOS AOS QUE CHAMAMOS EQUIVOCADAMENTE "AMOR" E QUE NON O SON, TAMÉN ENTRE NÓS.
TAMÉN PREPARAMOS NAS AULAS UN LAZO MORADO CADA UN E FIXEMOS UNHA ANDAINA ATA O PARQUE DO VICAÑO, ONDE ATAMOS OS LAZOS.
AO FINAL GARDAMOS UN MINUTO DE SILENCIO EN HOMENAXE E LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DESTA VIOLENCIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario