ONTE ESTIVO AQUI CON NÓS TODA A MAÑÁN A ESCRITORA FINA CASALDERREY.
O NOSO ALUMNADO DE 2º LEU O SEU LIBRO 'QUEN ME QUERE ADOPTAR?' E TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECELA E DE ESCOITALA CONTAR MOITAS HISTORIAS DAS SÚAS VIVENCIAS. AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO DA REUNIÓN. TAMÉN LLES FIRMOU OS SEUS EXEMPLARES.
DESPOIS TIVO OUTRO ENCONTRO CO ALUMNADO DE 4º E 5º QUE VIÑAN DE LER OS SEUS LIBROS 'O XENIO DA CIDADE DE SAL' E 'ÁS DE MOSCA PARA ANXO'.
ENCANTOULLES A OPORTUNIDADE DE PASAR UN RATIÑO CON FINA, QUE OS ENGAIOLOU CON ANÉCDOTAS E HISTORIAS QUE LLES FIXERON PASAR UN TEMPO MARABILLOSO.
AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO...
E POR ÚLTIMO, ANTES DE MARCHAR, FÍXONOS O HONOR DE PARTICIPAR NUN PROGRAMA DE RADIO QUE PODEDES ESCOITAR NO SEGUINTE ENLACE:
https://www.ivoox.com/player_ej_129275613_6_1.html?c1=f9e327
GRACIAS, FINA, POLA PRECIOSA MAÑÁN QUE VIVIMOS ONDA TI. OXALÁ PODAS VOLVER MOI PRONTO CON NÓS.
E GRACIAS A BEA, DA EDITORIAL XERAIS, POR FACILITAR A SÚA VISITA.
DÉIXOVOS TAMÉN O ENLACE PARA QUE VEXADES MÁIS DETALLES NO ÍNSTAGRAM DO COLE, NON O PERDADES...
https://www.instagram.com/reel/C66RtpAthzp/?igsh=MTF6bHV6aTR5OGN0bA==
Ningún comentario:
Publicar un comentario