O ALUMNADO DE 5º E 6º, COS SEUS TITORES E COA COLABORACIÓN DE MANOLO SANDE, PROFE DO NOSO COLE MOITOS ANOS, HOXE XUBILADO, FIXO O VENRES UNHA ANDAINA ATA O CON DA VENTUREIRA.
ESTA GRAN PEDRA SERVÍU DURANTE SÉCULOS COMO GUÍA DOS MARIÑEIROS E A TRADICIÓN LOCAL É A DE SUBIR ONDA ELA NA PASCUA PARA FACER MERENDAS CAMPESTRES.
OS RAPACES E RAPAZAS CAMIÑARON ATA ALÍ E VOLTARON AO COLE NUNHA ANDAINA DUNS 14 KILÓMETROS.
FOI UNHA MAÑÁ DE CONVIVENCIA E DEPORTE NA QUE DISFRUTARON DUN FERMOSO TEMPO DE PRIMAVERA.
COMPARTO CON VÓS ALGUNHAS DAS FOTOS DA AVENTURA...
Ningún comentario:
Publicar un comentario