O 8 DE MARZO, CADA ANO, CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER.
NO NOSO COLE, A PROPOSTA DO EQUIPO DE CONVIVENCIA, TRABALLAMOS E FESTEXAMOS ESTA CONMEMORACIÓN DE XEITOS DIVERSOS.
ENTRE TODOS PINTAMOS UN MURAL E OS VERSOS DUNHA POESÍA VINCULANDO ESTA CONMEMORACIÓN CO NOSO PROXECTO DESTE CURSO, OS ELEMENTOS. TAMÉN HOUBO UN PROGRAMA DE RADIO.
TAMÉN TIVEMOS UNHA MOSTRA DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A TEMÁTICA DO FEMININO.
E DESPOIS TIVEMOS UNHA CELEBRACIÓN CUN TALLER DE BIODANZA QUE NOS AGASALLOU SARA RODRÍGUEZ NO QUE PARTICIPAMOS POR QUENDAS TODO O COLE. ESTIVO CHULÍSIMO...
DÉIXOVOS AQUÍ O ENLACE AO ÍNSTAGRAM DO COLE ONDE PODEREDES VER UN VIDEO CON MOITAS FOTOS MÁIS DAS DISTINTAS ACTIVIDADES.
PARABÉNS A TODOS OS QUE ARGALLARON E FIXERON POSIBLE ESTA ACTIVIDADE...
https://www.instagram.com/reel/C4Tm8Q5tKP-/?igsh=dTUzb2RxYzE4cHNq
Ningún comentario:
Publicar un comentario