luns, 27 de novembro de 2023

CONMEMORACIÓN E ANDAINA POLO DÍA DA IGUALDADE

 O PASADO VENRES O NOSO COLE CELEBROU A CONMEMORACIÓN DO 25-N: O DÍA NO QUE AS PERSOAS RECLAMAMOS A FIN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.



 DURANTE TODA A SEMANA TRABALLAMOS NA CREACIÓN DE DIFERENTES MURAIS E NA SENSIBILIZACIÓN PERANTE ESTA TRAXEDIA QUE TANTO NOS AFECTA. TAMÉN APRENDEMOS A CANCIÓN "REINA" DAS TANXUGUEIRAS CON RUTH LORENZO.

AS MIÑAS PALABRAS QUÉDANSE MOI CURTAS PARA TRANSMITIR TODO O SENTEMENTO E EMOCIÓNS QUE SE VINCULAN CON ESTA CONMEMORACIÓN, POR ISO ACUDO ÁS VERBAS DA MIÑA COMPAÑEIRA DÉSIRÉE QUE RECOLLE NO ÍNSTAGRAM DO COLE. DÉIXOVOS AQUÍ O ENLACE, NON DEIXEDES DE LER A REFLEXIÓN E DE VER O VIDEO...

https://www.instagram.com/reel/C0CGg4PNX-q/?igshid=ZjI0YTZmZTMwMg==

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.