O MARTES FOI UNHA TERRORÍFICA E DIVERTIDA MAÑÁ.
ESTIVEMOS A CELEBRAR A NOSA FESTA DE SAMAÍN.
POR MOR DA CHUVIA FIXEMOS QUENDAS PARA PARTICIPAR TODAS E TODOS NAS DISTINTAS ACTIVIDADES PROPOSTAS.
A PRIMEIRA HORA TIVEMOS UN OBRADOIRO COMÚN: MAQUILLAXE NAS AULAS.
A PARTIR DAS DEZ EMPEZAMOS A ROTAR POLOS DISTINTOS ESPAZOS ONDE SE ORGANIZARON OS DIFERENTES OBRADOIROS:
UN OBRADOIRO DE XOGOS DE HALLOWEEN NO PABELLÓN, UN OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE BREVAXE MÁXICO NA AULA DE AUDIOVISUAIS, UN CONTACONTOS DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA E UNHA MERENDA MONSTRUOSA NO PATIO CUBERTO.
COMPARTO AQUÍ MOITAS FOTOS DA CELEBRACIÓN QUE AGARDO QUE VOS GUSTEN...
Ningún comentario:
Publicar un comentario