martes, 19 de setembro de 2023

BIBLIOPATIO

 BOS DÍAS, AMIGAS E AMIGOS DA NOSA BIBLIOTECA.

A PASADA SEMANA INICIAMOS A ANDAINA DO NOVO CURSO.

TEMOS MOITAS SORPRESAS PENSADAS E TODO UN CURSO PARA LEVALAS ADIANTE.

ESTAMOS AGARDANDO POR BRILLANTINA, QUE NOS AVISOU ONTE QUE PRONTO VIRÁ DE VOLTA DAS VACACIÓNS NO SEU PLANETA.

TAMÉN NOS DEU PERMISO PARA INICIAR O PROXECTO DE BIBLIO-PATIO. E HOXE MESMO ESCOMENZAMOS COA AXUDA DE SOFÍA E BLANCA, CON ESTA ACTIVIDADE QUE ADEMAIS ENTRONCA CO PROXECTO DE PATIO QUE ESTIVEMOS A DESENVOLVER O CURSO PASADO.

CADA DÍA, NO NOSO TEMPO DE LECER, TEREMOS ABERTA UNHA SECCIÓN DA BIBLIOTECA NO PATIO, PARA AQUELES QUE TEÑAN GANA DE LER FÓRA...

AGARDAMOS QUE ESTE PROXECTO, NO QUE CONTAREMOS COA AXUDA DOS VOLUNTARIOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA, CONTE COA VOSA PARTICIPACIÓN E SEXA DO VOSO GUSTO.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO DA INAUGURACIÓN...





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.