martes, 23 de maio de 2023

MURAL NO PATIO

 DENTRO DO PDI DE PATIOS VIVOS, ENCARGAMOS A UNHA MURALISTA QUE NOS AXUDE A PINTAR UNHA PAREDE EXTERIOR PARA ENGALANAR O PATIO.

TRÁTASE DE YOLANDA MARTÍNEZ SANTIAGO, QUE EMPRENDEU CO ALUMNADO DE 5º E 6º A TAREFA PRECIOSA DE DOTAR DE BELEZA ESTE ESPACIO.

FOI UN TRABALLO ARDUO, XA QUE PRIMEIRO TIVEMOS QUE XUNTAR OS CARTOS PRECISOS, PARA O CAL A MEIRANDE PARTE DO ALUMNADO CONTRIBUEU VENDENDO RIFAS PARA XUNTAR A CANTIDADE NECESARIA.

A CONTINUACIÓN YOLANDA FIXO UNHAS XORNADAS NA BIBLIOTECA EXPLICANDO AOS ALUMN@S O QUE ÍAN FACER E PREPAROU A PAREDE PARA EMPEZAR O TRABALLO EN SÍ.





E POR ÚLTIMO ESTIVO CON ELES PINTANDO O MURAL QUE AGORA ESTÁ ALÍ E É OBRA NOSA, DO ALUMNADO DO COLE. QUE DURE MOITOS ANOS!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.