ESTE CURSO CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO CUNHA MARATÓN DE CONTOS NA QUE PARTICIPARÁN MOITOS DOS ALUMN@S DO COLE.
PARA ORGANIZALO, ENVIÁRONSE ÁS FAMILIAS DÚAS MENSAXES QUE AQUÍ VOS ADIANTO...
Estimadas familias:
Os próximos mércores 26 de abril, e xoves 27 de abril, se as condición meteoróloxicas o
permiten, celebraremos o día do libro, cunha Maratón de Contos no parque de Espiñeiro, a cal,
estades todos/as invitados/as.
O alumnado do centro, participará nesta maratón, no día que lle corresponda a cada curso,
(organización da cal vos informaremos nos próximos días) contando, narrando e
dramatizando, de diferentes formas, contos xa creados e outros inventados, e tamén, recitarán
poesías.
O valor desta maratón, poñémolo, no compartir, disfrutando con emoción da literatura e a
poesía, que chega a nós, en forma de libros. Por iso, a nosa maratón se chama: Cóntame un
conto, con emoción e para as emocións.
Estimadas familias:
Para a Maratón de Contos, precisamos, que cada neno/a, o día que lle toque participar na
maratón, traía da casa, co nome posto, unha gorra (os que a teñen no cole, xa non fai falla) e
un coxín, para poder sentarse no chan do parque de Espiñeiro.
Moitas grazas,
MANTERÉMOSVOS INFORMADOS DO QUE VAIA ACONTECENDO...
Ningún comentario:
Publicar un comentario