HOXE TIVEMOS A PRIMEIRA DAS DÚAS XORNADAS QUE ADICAMOS Á MARATÓN DE CONTOS.
COMO O DÍA AMAÑECEU CHUVIOSO, TIVEMOS QUE FACELO NO PATIO CUBERTO. AGRADECEMOS AOS TRABALLADORES DO CONCELLO O SEU BO FACER PARA AXUDAR NA MONTAXE DO ESCENARIO E NO ENORME CARTEL DE FONDO. TAMÉN NOS EMPRESTARON UNHAS MOQUETAS PARA COLOCAR NO CHAN, E ASÍ, AINDA QUE BOTAMOS EN FALTA FACER A ACTIVIDADE NO PARQUE, NON QUEDOU NADA MAL.
E DENDE AQUÍ GUSTARÍANOS AGRADECER AO EQUIPO DE OBRAS DO CONCELLO A SÚA AXUDA E DISPONIBILIDADE PARA TRAERNOS O ESCENARIO E AXUDARNOS A MONTAR O PRECISO PARA O EVENTO.
AMÓSOVOS COMO QUEDOU TODO COLOCADO:
POR SUPOSTO, AS FAMILIAS ESTABAN INVITADAS, E TOD@S OS QUE PUIDERON, VIÑERON ACOMPAÑARNOS.
COMENZAMOS A NOSA FESTA COA ACTUACIÓN MUSICAL DE MARÍA E NAÍR, DE 2º B QUE TOCARON CO CLARINETE O HIMNO Á ALEGRÍA. QUE MELLOR XEITO DE EMPEZAR UNHA XORNADA TAN ESPECIAL!
EMPEZARON OS DE 1º A QUE NOS DELEITARON CON VARIAS POESÍAS
DESPOIS TOCOUNOS DESFRUTAR DO CONTO 'EL VIAJE DE NORA' REPRESENTADO POLOS ALUMN@S DE 4ºA
A CONTINUACIÓN VIÑERON AS TRES HISTORIAS QUE NOS CONTARON OS RAPACES DE 6ºB: 'A VECES ME SIENTO PEQUEÑA', 'VIOLETA E MARIÑO' E 'PRIMEIRA SEMANA DA ESCOLA DE VACAS'.
LOGO DISTO TOCOULLES AOS COMPAÑEIROS DE 5ºB QUE REPRESENTARON UNHA OBRA DE TEATRO TITULADA 'UN MOSQUITO DE NOME HENRI'
OS ALUMN@S DE 6ºB PARTICIPARON CON DIVERSAS PROPOSTAS. EMPEZARON CON ALGUNHAS POESÍAS VARIADAS, INCLUÍDO UN RAP, PASARON LOGO A CONTARNOS VARIOS CONTOS: 'CORRE, CORRE CABACIÑA', 'CANDO MARTIÑO TIVO GANA DE MEXAR NA NOITE DE REIS' , 'A AVOA ADORMECIDA' E 'FUTBOLISTAS AGOCHADAS' (ÉSTA ÚLTIMA DE CREACIÓN PROPIA).
OS ALUMNOS DE 2ºB XA ESTABAN FARTOS DE AGARDAR O SEU TURNO CANDO SAÍRON E NOS REPRESENTARON COMO BROCHE DE OURO O CONTO 'A VACA QUE PUXO UN OVO'
OS QUE PUIDERON COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS PUIDERON COMPROBAR O BEN QUE O FIXERON TODOS E TODAS. GRACIAS RAPACES, POLO VOSO ENTUSIASMO E GANAS DE BEN FACER QUE NOS DEIXARON A TOD@S ABRAIADOS E ILUSIONADOS PARA SEGUIR A TRABALLAR A PROL DA LECTURA E DA ALEGRÍA QUE NOS PROPORCIONAN OS CONTOS.
AGRADECER ESPECIALMENTE AO PROFE MIGUEL POLA SÚA INSUSTITUÍBLE AXUDA CO SON E A MÚSICA QUE FIXERON MÁIS DOADA A ACTIVIDADE.
MAÑÁN FAREMOS A SEGUNDA PARTE DA MARATÓN Á QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUEDA CONVIDADA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario