xoves, 27 de abril de 2023

1ª MARATÓN DE CONTOS

 HOXE TIVEMOS A PRIMEIRA DAS DÚAS XORNADAS QUE ADICAMOS Á MARATÓN DE CONTOS. 

COMO O DÍA AMAÑECEU CHUVIOSO, TIVEMOS QUE FACELO NO PATIO CUBERTO. AGRADECEMOS AOS TRABALLADORES DO CONCELLO O SEU BO FACER PARA AXUDAR NA MONTAXE DO ESCENARIO E NO ENORME CARTEL DE FONDO. TAMÉN NOS EMPRESTARON UNHAS MOQUETAS PARA COLOCAR NO CHAN, E ASÍ, AINDA QUE BOTAMOS EN FALTA FACER A ACTIVIDADE NO PARQUE, NON QUEDOU NADA MAL.

E DENDE AQUÍ GUSTARÍANOS AGRADECER AO EQUIPO DE OBRAS DO CONCELLO A SÚA AXUDA E DISPONIBILIDADE PARA TRAERNOS O ESCENARIO E AXUDARNOS A MONTAR O PRECISO PARA O EVENTO.

AMÓSOVOS COMO QUEDOU TODO COLOCADO:



POR SUPOSTO, AS FAMILIAS ESTABAN INVITADAS, E TOD@S OS QUE PUIDERON, VIÑERON ACOMPAÑARNOS.
COMENZAMOS A NOSA FESTA COA ACTUACIÓN MUSICAL DE MARÍA E NAÍR, DE 2º B QUE TOCARON CO CLARINETE O HIMNO Á ALEGRÍA. QUE MELLOR XEITO DE EMPEZAR UNHA XORNADA TAN ESPECIAL!




EMPEZARON OS DE 1º A QUE NOS DELEITARON CON VARIAS POESÍAS






DESPOIS TOCOUNOS DESFRUTAR DO CONTO 'EL VIAJE DE NORA' REPRESENTADO POLOS ALUMN@S DE 4ºA 


 
A CONTINUACIÓN VIÑERON AS TRES HISTORIAS QUE NOS CONTARON OS RAPACES DE 6ºB: 'A VECES ME SIENTO PEQUEÑA', 'VIOLETA E MARIÑO' E 'PRIMEIRA SEMANA DA ESCOLA DE VACAS'.





LOGO DISTO TOCOULLES  AOS COMPAÑEIROS DE 5ºB QUE REPRESENTARON UNHA OBRA DE TEATRO TITULADA 'UN MOSQUITO DE NOME HENRI'


OS ALUMN@S DE 6ºB PARTICIPARON CON DIVERSAS PROPOSTAS. EMPEZARON CON ALGUNHAS POESÍAS VARIADAS, INCLUÍDO UN RAP, PASARON LOGO A CONTARNOS VARIOS CONTOS: 'CORRE, CORRE CABACIÑA', 'CANDO MARTIÑO TIVO GANA DE MEXAR NA NOITE DE REIS' , 'A AVOA ADORMECIDA' E 'FUTBOLISTAS AGOCHADAS' (ÉSTA ÚLTIMA DE CREACIÓN PROPIA).












OS ALUMNOS DE 2ºB XA ESTABAN FARTOS DE AGARDAR O SEU TURNO CANDO SAÍRON E NOS REPRESENTARON COMO BROCHE DE OURO O CONTO 'A VACA QUE PUXO UN OVO'



OS QUE PUIDERON COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS PUIDERON COMPROBAR O BEN QUE O FIXERON TODOS E TODAS. GRACIAS RAPACES, POLO VOSO ENTUSIASMO E GANAS DE BEN FACER QUE NOS DEIXARON A TOD@S ABRAIADOS E ILUSIONADOS PARA SEGUIR A TRABALLAR A PROL DA LECTURA E DA ALEGRÍA QUE NOS PROPORCIONAN OS CONTOS.
AGRADECER ESPECIALMENTE AO PROFE MIGUEL POLA SÚA INSUSTITUÍBLE AXUDA CO SON E A MÚSICA QUE FIXERON MÁIS DOADA A ACTIVIDADE.

MAÑÁN FAREMOS A SEGUNDA PARTE DA MARATÓN Á QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUEDA CONVIDADA.

mércores, 26 de abril de 2023

VISITA DE TARABELOS

 HOXE NA BIBLIOTECA A RAPAZADA DE INFANTIL TIVO A VISITA DE TARABELOS QUE VEU  A CONTARLLES DIVERSAS HISTORIAS RELACIONADAS CO PROXECTO QUE LEVAN ADIANTE ESTE CURSO OS ALUMN@S DE 6º DE INFANTIL SOBRE OS BIOSBARDOS E OUTROS SERES LEXENDARIOS GALEGOS ENLAZANDO TAMÉN COA SEMANA DO LIBRO E DOS CONTOS.

NA SESIÓN DE HOXE PUIDEMOS DESFRUTAR O ESPECTÁCULO 'DEBULENDO LENDAS' E CONTOUNOS LENDAS DE XACIAS, DA COCA E DOS GAMUSINOS OU BIOSBARDOS. TODO UN MUNDO DE LENDAS PARA UNHA MAÑÁN MOI ESPECIAL.











martes, 25 de abril de 2023

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 DENTRO DA ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA FOMENTADA POLO CONCELLO, TIVEMOS HOXE A SORTE DE TER UN CONTACONTOS NA NOSA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA.

ENCANTOUNOS!!!








MOITAS GRACIAS A NURIA E A MARTINA POR FACERNOS SOÑAR CUNHAS HISTORIAS TAN BEN CONTADAS. VOLVEDE PRONTO, AMIGAS!!

VISÍTANOS BENXAMÍN

 O PASADO VENRES ESTIVO CON NÓS O CONTACONTOS BENXAMÍN, PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.

FIXO UN OBRADOIRO DE CONTOS E DEBUXO CO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

DE RECORDO DA ACTIVIDADE QUEDOUNOS UN MURAL.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS...




luns, 24 de abril de 2023

VISITA DE FINA CASALDERREY

 PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, TIVEMOS A SORTE DE TER HOXE CON NÓS Á ESCRITORA FINA CASALDERREY.

AS RAPAZAS E RAPACES DE 3º DE PRIMARIA, ANIMADOS POLA SÚA TITORA, FOROFA DA AUTORA, ESTIVERON A LER 'DÚAS BÁGOAS POS MÁQUINA' MENTRAS TRABALLABAN O MALTRATO AOS ANIMAIS.

FINA PASOU HOXE UN FERMOSO ANACO DE MAÑÁN CON ELES E ELAS. DEULLES UNHA CHARLA, FIRMOULLES OS LIBROS E ANIMOUNOS A MEDRAR COMO LECTORAS E LECTORES...

GRAZAS, FINA, POR ESTA RATADA MARABILLOSA. OXALÁ PRONTO PODAMOS VOLVER A CONTAR COA TÚA PRESENZA. TODO UN LUXO!!!













ANIMACIÓN LECTORA

 O PASADO VENRES TIVEMOS NA BIBLIOTECA UNHA ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA IMPULSADA DENDE O CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.

O CONTACONTOS FOI MOI DIVERTIDO E OS PEQUENOS E PEQUENAS PASÁRONO MOI BEN CO CONTO.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO DA ACTIVIDADE, QUE CONTINUARÁ MAÑÁN PARA ALUMN@S DE PRIMARIA.






mércores, 19 de abril de 2023

ORGANIZANDO A MARATÓN

 COMO PARTE DO NOSO CURSO DE FORMACIÓN PLAMBE, OS  MESTRES PARTICIPANTES TIVEMOS HOXE UNHA TARDE DE TRABALLO DE GRUPO NA QUE ESTIVEMOS A ORGANIZAR A MARATÓN DE CONTOS QUE TEREMOS A VINDEIRA SEMANA.

TAMÉN ESTIVEMOS A ELABORAR O CARTEL QUE FARÁ DE TELÓN DE FONDO PARA O ESCENARIO QUE IMOS TER PARA O EVENTO.












RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL