HOXE FOI UN DÍA DE GRAN FESTA NO NOSO COLE.
CONMEMORAMOS O 8M, O DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
DURANTE VARIOS DÍAS TRABALLAMOS CON DIVERSOS PREPARATIVOS: UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA, CARTELARÍA DIVERSA, SENSIBILIZACIÓN NESTE EIDO...
E HOXE TIVEMOS A GRAN XORNADA ADICADA A ESTA CONMEMORACIÓN. PARABÉNS AO NOSO EQUIPO DE CONVIVENCIA POR ARTELLAR UNHA DATA TAN IMPORTANTE CON TANTAS ACTIVIDADES QUE FARÁN DESTE, UN DÍA INESQUECIBLE.
AGRADECER TAMÉN A TRES MULLERES VINCULADAS AO NOSO COLE QUE COMPARTIRON A DATA CON NÓS APRENDÉNDONOS MOITAS COUSAS BEN CHULAS QUE SEN DÚBIDA QUEDARÁN XA PARA SEMPRE CONNOSCO: CRISTINA, ALICIA E RAQUEL
CRISTINA É A NAI DE DOUS ALUMN@S DO COLE E TRABALLA COMO ARQUITECTA. VEU HOXE A COMPARTIR CONNOSCO A MAÑÁN PARA DIRIXIR UN OBRADOIRO CO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO SOBRE CONSTRUCCIÓN CON MATERIAS DE REFUGALLO. PASÁMOLO DE MARABILLA XOGANDO CON FORMAS, MATERIAIS E TEXTURAS E CRISTINA SEMELLABA PASALO XENIAL TAMÉN 😉 GRACIAS, CRISTINA, SEGURO QUE BOTAREMOS MAN DA TÚA EXPERIENCIA NOVAMENTE XA QUE NOS VIRÁ MOI BEN NESTE CURSO QUE ANDAMOS ÁS VOLTAS CO NOSO PROXECTO 'PATIO SERÁ!'
ALICIA É SOBRIÑA DUNHA MESTRA DO NOSO COLE. VEU CONTARLLES AOS NOSOS ALUMNOS DE 3º CICLO, A SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL NA DIRECCIÓN DE HOTEIS EN VIETNAM E, SOBRE TODO FALOULLES DA SÚA VIAXE E ESTANCIA NA ANTÁRTIDA, NO ÁRTICO OU GROENLANDIA POR MOR DO SEU TRABALLO NUNHA EMPRESA NORUEGUESA DE CRUCEIROS DE VIAXE 😌 NOTÁBASE NELA QUE SE SENTÍA A GUSTO E QUE DISFRUTOU CASE TANTO COMA NÓS COA SÚA PRESENCIA. GRACIAS, ALICIA, CONTAREMOS DE NOVO CONTIGO PARA QUE NOS CONTES NOVAS EXPERIENCIAS QUE VIVAS DAQUÍ EN ADIANTE.
RAQUEL É NAI DE DOUS ALUMNOS DO CENTRO E TAMÉN É PROFESORA DE BIOLOXÍA NUN INSTITURO CERCANO. É MOI QUERIDA POR TODOS NÓS PORQUE NOS AXUDOU MOITO HAI UNS ANOS CUN DOS NOSOS PRIMEIROS PROXECTOS NO QUE TRABALLAMOS OS ECOSISTEMAS DUNAIS, E MÁIS EN CONCRETO, A DUNA DA PRAIA DE BALTAR. HOXE VEUNOS AXUDAR CUN OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS, VINCULADO TAMÉN AO NOSO PROXECTO DE PATIOS. CO ALUMNADO DE 3º LEVOU ADIANTE UNHA ACTIVIDADE DE ELABORACIÓN DE BÁLSAMO DE CALÉNDULA E COS RAPACES DE 4º ANIMOUSE A PREPARAR PASTA DE DENTES 😆. AS NENAS E NENOS QUEDARON ABRAIADOS DO QUE SE PODE FACER CON CERTAS PLANTAS!. PARABÉNS RAQUEL, POLO TRABALLO BEN LEVADO E NON CREO QUE TE POIDAS LIBRAR MOI PRONTO DE NÓS, PORQUE IMOS CONTINUAR A CONTAR CONTIGO.
MOITAS GRACIAS E FELIZ DÍA A TODAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario