martes, 21 de marzo de 2023

CELEBRAMOS A POESÍA E OS BOSQUES

 O ANO 2012 A ASAMBLEA XERAL DA ONU DECLAROU O 21 DE MARZO 'DÍA DOS BOSQUES' POR COINCIDIR A DATA COA ENTRADA DA PRIMAVERA NO HEMISFERIO NORTE E COA CHEGADA DO OUTONO NO HEMISFERIO SUR. O OBXECTIVO É AUMENTAR EN TODOS NÓS A CONCIENCIA SOBRE A IMPORTANCIA DO PATRIMONIO ARBÓREO.

 ASIMESMO, NO ANO 1999 A UNESCO PROCLAMOU NESTA DATA, O DÍA MUNDIAL DA POESÍA CO GAIO DE APOIAR A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA MEDIANTE A EXPRESIÓN POÉTICA.

NO NOSO COLE HOXE, O ALUMNADO DE 5º QUIXO PARTICIPAR NESTAS DÚAS EFEMÉRIDES E, COA AXUDA DO NOSO CONSERXE (MOITAS GRACIAS, ALFONSO!) PLANTAMOS UN CAMELIO NO PATIO. 









ADEMÁIS INVESTIGAMOS PARA ATOPAR UNHA POESÍA SOBRE CAMELIOS EN GALEGO E ATOPAMOS UNHA COUSA MOI CURIOSA, UNHA POESÍA DE GARCÍA LORCA, ESCRITA EN GALEGO, QUE FALA DUN CAMELIO... 



E DECIDIMOS DECLAMALA. ASÍ FOI CÓMO QUEDOU:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Martina, Ismael e Mariña estiveron contando o conto "Vivan las uñas de colores" aos compañeiros de 2º de primaria.