Mandamos aviso ás familias de que a Biblioteca do CEIP de Portonovo abrirá tamén polas tardes a partir do 3 de novembro.
O Horario será de 4 a 6 da tarde
Poderá facerse préstamo polas tardes dun máximo dun libro, ou material audiovisul, que terá que ser devolto tamén pola tarde. Tamén está pensado para poder vir a disfrutar da lectura, a facer traballos ou agardar por irmáns que estean en actividades extraescolares.
O aforo será limitado seguindo as normas do Protocolo Covid, e haberá que desinfectar mans ao entrar e limpar o espazo que usemos ao marchar.
Grazas por todo,
Equipo de Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario