mércores, 10 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA




Bos días nenos, nenas, profesorado e pais! 

Son Brillantina e véñovos a contar que mañá, día 11 de febreiro, se celebra o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. 

Seguramente coñezades o nome de moitos científicos coma Einstein, Newton, Copérnico, Parteur... Pero, sabedes quen é Caroline Herschel, Ada Lovelace,  Rosalind Franklin, Margarita Salas...?? 

Moitas mulleres ao longo da historia dedicaron a súa vida á investigación científica e lograron facer importantísimos avances sen os que as nosas vidas serían distintas hoxe en día. 

Actualmente déronse a coñecer casos de mulleres científicas, os seus traballos foron firmados por homes, véndose silenciadas e marxinadas. Por iso é moi importante coñecer a vida dalgunhas das mulleres científicas máis importantes da historia da ciencia.

AQUÍ déixovos enlaces a xogos interactivos cos que podedes dende o colexio ou dende a casa aprender sobre mulleres científicas de forma moi divertida. 

Botádelle unha ollada, son XOGOS MOI ENTRETIDOS!!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL