luns, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO, DIA DA MULLER TRABALLADORA

 Hoxe, luns 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do CEIP de Portonovo unímonos, como non pode ser doutro xeito, á celebración deste día. Na entrada do centro podedes atopar unha gran variedade de libros escritos por, para ou sobre una muller. 

Ademais este curso ímonos centrar na imaxe da muller na ciencia, tendo en conta a situación epidemiolóxica actual. En concreto, decidiuse traballar as aportacións de Lynn Margulis, científica que tivo unha gran repercusión na teoría da evolución. 

Convidámosvos a investigar sobre a figura desta gran científica a través dos seguintes recursos: 

AUDIOCUENTO "EL BAILE DE LAS BACTERIAS"

BIOGRAFÍA LYNN MARGULIS


venres, 5 de marzo de 2021

RETO LECTOR MARZO

 Ola nenos, nenas, docentes e pais! 

Xa estamos no mes de marzo e iso significa que... comezamos novo reto! Nesta ocasión temos que ler un libro escrito por, para ou sobre una muller. 

Na entrada do colexio tedes unha fantástica selección de libros sobre esta temática. Botádelle unha ollada, hai novidades e libros moi chulos sobre a vida de mulleres extraordinarias.

Seguide así, a sorpresa do reto lector está a medio camiño! 👀😉💪

Un saúdo!




ATA SEMPRE AO NOSO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

 HOXE TIVEMOS TAMÉN O ACTO DE GRADUACIÓN DAS RAPAZAS E RAPACES DE 6º DE PRIMARIA QUE XA SE NOS MARCHAN AO INSTITUTO. DENDE AQUÍ QUEREMOS DES...